Viernes, 16 julio 2010

Pistas de Pádel da Laracha

Enviar por email

LARACHA. Bo ritmo de actuación na construción das pistas de pádel da Laracha...

[Img #4195]LARACHA. A primeira fase das obras de construción das pistas de pádel no complexo deportivo municipal da Laracha está xa moi avanzada. Construcciones Esmorís, a empresa da larachesa parroquia de Cabovilaño que está executando o proxecto, rematou as tarefas da limpeza da parcela e agora realiza a escavación das zanxas sobre as que se construirá a cimentación da estrutura.

Esta nova instalación cumprirá todos os requisitos esixidos pola Federación Española de Pádel e permitirá ampliar a oferta municipal para a práctica de diferentes modalidades deportivas. Estase construíndo no complexo deportivo do Campo Municipal de Fútbol da Laracha, concretamente na zona libre situada ao oeste do campo, isto é, no espazo carente de uso á dereita da entrada principal ao complexo.

As dúas pistas de pádel terán unhas dimensións de vinte metros de largo por dez metros de ancho cada unha, polo que a superficie que ocupará a nova instalación superará os catrocentos metros cadrados. O pavimento a instalar será un céspede artificial de fibra recta non fibrilado e o cerramento será de dous tipos, cunha zona de malla e outra de vidro no perímetro do terreo de xogo. Ambas pistas contarán cunha única cuberta formada por pilares, vigas e correas de aceiro.

Dotarase a esta nova instalación dun sistema de saneamento para a drenaxe das zonas de xogo e da cuberta que permitirá recoller as augas pluviais. Tamén se contempla no proxecto a dotación da iluminación artificial con oito proxectores simétricos de 250 watios en cada unha das pistas situados a unha altura de seis metros, polo que as pistas poderán ser utilizadas tanto en horario diurno como no nocturno.

Os usuario disporán, ademais, dos amplos e modernos vestiarios recentemente construídos no interior do propio complexo deportivo da Laracha.

O Concello da Laracha, con cargo ao FEESL, investirá a cantidade de 138.000 euros nesta obra, que permitirá aos veciños do municipio practicar este deporte, que conta cada vez con máis adeptos, nunha instalación de calidade e de titularidade municipal. O prazo de execución desta obra é de tres meses, polo que a previsión é poder poñela a disposición dos veciños durante o outono.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS