ABEGONDO. Hoxe a conselleira de Traballo e Benestar visita Abegondo para presentar o proxecto de ampliación da Escola Infantil de Abegondo...
ABEGONDO. Hoxe, venres 16 de xullo, ás 13:00 horas, está prevista a visita da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato Otero, a Abegondo. A conselleira reunirase co alcalde para presentar o proxecto de ampliación da Escola Infantil.
A recepción terá lugar na Casa do Concello ás 13.00 horas para realizar despois unha visita á Escola Infantil Municipal, en San Tirso de Mabegondo.