Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Lunes, 13 de julio de 2015 | Leída 698 veces
arteixo

Memorable concerto de “A Quenlla”

Dúas horas de música, palabra e compromiso encheron o auditorio de Arteixo, nun concerto no que se presentaban por primeira vez nese concello. A xente resitíase a que o espectáculo rematase, pedían máis e máis… a súa xenerosidade ofreceu tres bises entre grandes ovacións dun público posto en pé…

A noite do venres A Quenlla subiu ao escenario no Auditorio de Arteixo para presentar o seu disco “Desorballando outonos”, homenaxe ao poeta Xosé María Díaz Castro, nunha noite chea boa música. O acto foi presentado por Xulio Xiz, dando paso á proxección dun video onde se nos amosaba a Díaz Castro recitando algún poema da súa propia autoría. Tamín interviú Alfonso Blanco que falou da personalidade e fundamento poético do seu ben querido amigo Xose María Díaz Castro, convidando a facer as nosas “Letras sempre”

 

Abriu o concierto A Quenlla con “Coma brasas” á que seguiron outras cancións do disco, tales como A balada da araña, Chove e máis chove, In Memorian a Anxo Fole, Busquei a praia, O Outono, Oración polos tolos… Magnífico xeito de enfocar o esplendor da obra do poeta, que nas voces do grupo adquire unha dimensión sublime.

 

Pasearon ás súas canciones polo escenario nun marabilloso concerto que deixou ao público pegado ao seu asento durante as dúas horas nas que poidemos disfrutar da súa arte. O público asistente, chegado de diversos puntos da xeografía galega e tamén española, era un público moi diverso, infancia, mocidade, maiores... todo o público cantaba, coreaba e pedía máis e máis. A xenerosidade do grupo plasmouse en tres agasallos a modo de canción. Comezaron con Díaz Castro e remataron co Carro, convertido xa nun himno, de Manuel María, poeta amigo a quen tantas cancións lle levan adicado durante a súa traxectoria musical.

 

A organización invita a seguir este camiño

O concerto foi organizado pola Asociación Cultural Lisístrata, a súa presidenta Ana Hermida, invita a todas as asociacións culturais a seguir loitando por achegar este tipo de espectáculo a todos os lugares de Galiza. O venres había entre o púbico representantes de varias asociacións culturais galegas, xa que era a primeira vez que este tipo de espectáculo era organizado por unha asociación, Ana Hermida sinalaba que “valorar a cultura está nas nosas mans”. Tamén queren agradecer ao grupo A Quenlla a súa entrega e transmitirles todos os parabéns recibidos ata o día de hoxe, do público asistente, igualmente agradecer ao equipo de son, personificado en Miguel, as horas de traballo e o seu bó facer no concerto do venres.

 

A Quenlla

A Quenlla naceu en 1984. Os obxectivos fundamentais con que naceu A Quenlla eran, entre outros, continuar no mundo da música e da palabra, logo da primeira experiencia con “Fuxan os Ventos”. Deste xeito, quixeron crear unha nova agrupación para dinamizar -coma suma de vontades e un xeito específico de facer- a Cultura Galega e, de xeito especial, a canción.

 

Desde os seus inicios, A Quenlla puxo unha especial atención na Cultura Tradicional, asumindo como base a memoria colectiva e, como fundamento histórico, recuperala do abandono e do esquecemento, transmitindo unha versión de moitos feitos que poucas veces se contaron. Asumiron así a obriga de non permanecer impasibles nin mudos diante dos feitos e dos acontecementos que suceden ou poidan suceder na nosa Patria, actuando como relatores e cantores dos mesmos. É por iso que moitas veces A Quenlla colle textos de poetas e de escritores para, imprimíndolles musicalidade, devolvelos en forma de canción e de mensaxe que conxugue Palabra e Sentimento Musical do propio creador.

 

Adoptar unha postura crítica e un compromiso diante dos acontecementos é o que move a A Quenlla, que non canta por cantar, senón que o fai para expresa-lo seu propio punto de vista.

 

Desde entón, as súas cancións veñen sendo unha mestura de música tradicional recollida directamente por eles mesmos con outra música baseada en textos de autores -homes e mulleres da Palabra- que resisten inflexibles na procura da recuperación da memoria histórica, dos dereitos culturais e da dignidade como Pobo.

 

Hoxe integran A Quenlla: Chus, Tareixa, Mariña, Iria, Irati, Mijail, Saxa, Omeljan, Mini e Mero.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress