Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 7 de octubre de 2014 | Leída 765 veces

O consorcio concede o I premio José Luís Muruzábal a un centro de emprego de Cambre e a unha asociación da Mariña

O xurado outorga o premio ex aequo pola calidade dos proxectos. O acto de entrega será o mércores en Bergondo. A semana que vén celebrarase o tradicional triangular de fútbol sala pola saúde mental, cos veteranos do Deportivo...

O Consorcio As Mariñas desenvolve, dentro do seu Plan Coordinador de Servizos Sociais, unha programación anual con motivo do Día da Saúde Mental. Trátase dunha liña de actuación dirixida á sensibilización daquelas problemáticas menos visibles na sociedade.

Neste plan, o Consorcio creou o ano pasado o Premio José Luís Muruzábal, como lembraza do ao falecido presidente de APEM, un referente neste ámbito na comarca. O galardón ten como finalidade recoñecer experiencias innovadoras en materia de saúde mental.

O xurado desta primeira edición, presidido por José Antonio Santiso, acaba de reunirse para emitir o seu fallo. Acordou, por unanimidade, dada a calidade dos proxectos, conceder o premio ex aequo a dous dos cinco proxectos presentados:

  • CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO SEN ÁNIMO DE LUCRO” presentado por “EMPREGO SOCIAL SL”, onde desenvolven actividades de limpeza viaria e de edificios, xardinería, mantemento de granxa avícola, viveiro…
  • “¿FACEMOS EQUIPO POLA SAÚDE MENTAL? cun proxecto sobre a integración das persoas con enfermidade mental a través do deporte, presentado pola Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña


O xurado, da experiencia de EMSO SL, con sede en Cambre, destacou a súa exemplar proposta de integración sociolaboral, a continuidade no tempo, o efecto multiplicador que tivo, a coordinación de diferentes axentes e estructuras implicadas, a área territorial que abarca e o número de persoas ás que chega, así como a participación directa dos propios enfermos nos procesos da experiencia.

No caso da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, ubicada na Mariña Lucense, resaltouse o uso do deporte como ferramenta integradora, a promoción de hábitos de vida saudables, a visión inclusiva da experiencia, o seu efecto multiplicador, o amplo número de concellos aos que chega, moitos deles con baixa poboación e ampla dispersión, así como a que a experiencia actúa como xerme de novos proxectos.

A dotación económica do premio, de 2.000 €, compartirase a partes iguais entre as dúas experiencias gañadoras (1.000 € a cada unha). O vindeiro mércores 8 de outubro, no edificio A Senra en Bergondo, ás 20:00 h, terá lugar a entrega do I Premio Jose Luis Muruzábal. Neste acto expoñerase o contido das experiencias gañadoras nesta primeira edición.

O xurado de carácter multidisciplinar estivo integrado, ademais de polo presidente do Consorcio, polas seguintes persoas:

  • D. Alberte Araúxo Vilar, psiquiatra do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
  • Dª Ana Riveiro Currás, enfermeira na Unidade de Psiquiatría do Hospital Gil Casares.
  • Dª Belén Taboada Fiaño, educadora do Concello de Abegondo.
  • Dª Lourdes Suárez Sánchez, traballadora social do Concello de Arteixo.
  • Dª Serezábel Rodríguez Rico, técnica de integración social do Concello de Bergondo.
  • D. Iosu López Agra, pedagogo do Concello de Culleredo.
  • Dª Isabel Amigo Carrillo, psicóloga, coordinadora do equipo de profesionais do Plan Coordinador do Consorcio As Mariñas.


Por outra banda, e cun carácter moito mais lúdico, o martes, 14 de outubro, ás 18:00 h, celebrarase en Sada o tradicional Triangular de Fútbol Sala, onde se enfrentarán o equipo integrado polos rapaces e rapazas que participan nas Brigadas do Consorcio As Mariñas, o equipo da Asociación APEM e o de a Asociación ASPADISOL, reforzados cos veteranos do Deportivo de A Coruña.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress