Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 25 de abril de 2014 | Leída 582 veces

O porco celta converteuse nun referente gastronómico con viabilidade económica na nosa Comunidade

A conselleira do Medio Rural e do Mar asistiu á presentación da I Xornada informativa do Cochinillo Celta da Cañiza...

[Img #26886]A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, asistiu onte pola mañá á I Xornada informativa do Cochinillo Celta da Cañiza, onde resaltou o potencial gastronómico da única raza porcina autóctona galega e a súa viabilidade económica en Galicia. Así, lembrou que o porco foi sempre unha das bases da alimentación dos galegos, dando lugar “a unha gastronomía propia e peculiar” que se converteu nunha peza clave da economía e do fogar.

Rosa Quintana sinalou a importancia da recuperación, conservación e fomento desta especie, un labor levado a cabo pola Xunta e a asociación Asoporcel e que se transforma en proxectos con viabilidade económica. Un exemplo é a iniciativa levada a cabo polo GDR Condado-Paradanta, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Petán e Asoporcel, que conseguiu unificar 1.500 parcelas de 88 propietarios para lograr un terreo de 90 hectáreas pechadas -nun perímetro de máis de doce quilómetros- xerando así a maior explotación extensiva de Galicia, con capacidade para 2.500 animais.

A conselleira gabou o éxito deste tipo de proxectos, non só porque supoñen o acondicionamento de instalacións para a explotación extensiva do porco celta senón porque conseguen “unha xestión responsable e solidaria co medio”. Un traballo que neste caso -engadiu- puxo en valor propiedades privadas da zona á vez que se recuperaba un ecosistema de masas frondosas, co fin de previr os incendios forestais.

Unha raza en auxe

A raza Porco Celta está incluída no Catálogo Oficial de Razas de Gando de España como raza autóctona española de protección especial. O pasado ano 2013 pechou cun total de 4.302 exemplares, repartidos nun total de 329 ganderías inscritas no Libro Xenealóxico da Raza Porcina Celta.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress