Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 25 de mayo de 2010 | Leída 2214 veces

Entrega de diplomas e medallas da Academia Galega de Seguridade Pública na Estrada

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presidiu esta mañá o acto de entrega de diplomas aos alumnos da Cuarta Promoción de policías locais así como das condecoracións ao persoal dos corpos de policía local que se desenrolou na Academia Galega de Seguridade Pública de A Estrada...

O delegado territorial estivo acompañado na entrega de diplomas e distincións polo alcalde do concello de A Estrada, José Antonio Dono, o presidente da FEGAMP, Carlos Antonio Fernández Castro, o director xeral da AGASP, José Carlos García Bouzas, o directorxeral de Administración Local, José Norberto Uzal, así como polo catedrático de Dereito Constitucional da USC, Roberto Blanco Valdés e un representante da Policía Local de Galicia, Antonio Francisco Alfeirán.

Durante o acto, 39 alumnos e alumnas da Cuarta Promoción de Policías Locais recibiron os seus diplomas e medallas; tamén recibiron unha distinción 61 axentes na categoría de policías, 10 na categoría de Oficial e outros 12 axentes coma inspectores. Finalmente, Alberto Freire Estévez e José Luis Rodríguez Estévez recibiron unha medalla na categoría de Inspector Principal e Antonio Francisco Alfeirán Rodríguez na categoría de Superintendente.

[Img #3355]
Especialmente emotiva foi a entrega do distintivo de permanencia no servizo, de forma excepcional e a título póstumo, ao axente da Policía Local da Pobra do Caramiñal Luis Gigirey Cela, quen faleceu o ano pasado. A súa viúva foi quen recolleu a medalla de mans do director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, José Carlos García Bouzas.

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís entregou unha placa individual ao mérito da policía local ao axente local de O Grove Francisco José Candal Cancelo por intervir durante un operativo en 16 de outubro e poñer en risco á súa vida rescatando persoalmente a varias persoas atrapadas no interior dun edificio en chamas. Tamén recibiu a medalla ao mérito policial outro axente da mesma localidade, José Ángel Soutullo Piñeiro, por colaborar no mesmo operativo.

O delegado territorial recordou durante o acto que “unha das primeiras encomendas que, fai un ano, o novo goberno lle fixo á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior foi a de acometer o desenvolvemento normativo da Lei de Coordinación de Policías Locais a fin de posibilitar a entrega destas distincións”.

José Manuel Cores Tourís tamén destacou que os diplomas e distincións entregadas hoxe demostran que os membros dos corpos de Policía Local de Galicia son quen “pola súa formación, pola súa experiencia e polos seus actos de servizo, de garantir a convivencia e a seguridade”, engadindo que “contribúen tamén a asegurar a percepción de seguridade da sociedade galega, a súa confianza para desenvolver con tranquilidade a vida diaria”.

Destacou o responsable territorial a importancia da formación “coma instrumento esencial para dar unha resposta satisfactoria a unha sociedade moi consciente dos seus dereitos”, unha formación permanente que pode atoparse “nesta Academia Galega de Seguridade Pública”.

Tamén resaltou Cores Tourís a presenza das mulleres nos corpos da policía local. “E isto é imporante por varios motivos, como exemplo para outras tantas mulleres e tamén para outras tantas profesións”

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra tivo tamén palabras de recordo e ánimo para as familias dos integrantes dos corpos de policía local “xa que a súa difícil labor non sería posible sen o seu afecto, estímulo e compromiso”, así como para o profesor Blanco Valdés, autor da lección inaugural deste acto, destacando que “todos podemos atopar nel un exemplo de compromiso coa defensa do Estado de Dereito e un exemplo de equilibro e bo xuízo no exercicio dese compromiso”.

O acto concluíu coa interpretación do Himno de Galicia a cargo da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress