Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 4 de mayo de 2010 | Leída 290 veces

Construción de beirarrúas na estrada Perillo-Mera (AC-173), en Oleiros

OLEIROS. O departamento que dirixe Agustín Hernández tamén anunció onte no Diario Oficial de Galicia a adxudicación do proxecto de construción da obra de reforzo de piso e de intersección na estrada Perillo-Mera (AC-173)...

OLEIROS. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anunció onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) a adxudicación por máis de 300.000 euros do proxecto de construción de beirarrúas na localidade coruñesa de Oleiros, concretamente na estrada Perillo-Mera (AC-173).

Este proxecto, adxudicado á empresa CRC Obra y Servicios S.L., é un convenio firmado entre o Concello de Oleiros e o departamento que dirixe Agustín Hernández.

O obxectivo destas obras é garantir a seguridade dos peóns que queiran camiñar dun núcleo de vivendas a outro no Concello de Oleiros, xa que ata o de agora so tiñan a posibilidade de transitar polo marxe da calzada.

Obras a realizar
As beirarrúas ocuparán 500 metros de lonxitude e situaranse entre os pq 4+360 e 4+860. Procederase a estender 134 metros cúbicos de formigón, para despois asfaltar a superficie con 3.262 toneladas de mestura asfáltica. O último paso será pavimentar 541, 96 metros cadrados de beirarrúas con losetas.

Para a posta a punto final, quedará soterrada a liña eléctrica e de telecomunicacións para o balizamento e a sinalización adecuada. As beirarrúas deberán garantir a seguridade dos peóns que transiten por elas.

Máis de 32.000 habitantes do Concello de Oleiros beneficiaranse do proxecto de construción de beirarrúas. O prazo para a execución da obra é de 4 meses.

Outra actuación
Así mesmo, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas tamén anuncia hoxe no Diario Oficial de Galicia a adxudicación do contrato de servizo para o proxecto de construción da obra de reforzo de piso e de intersección na estrada AC-173, Perillo-Mera.

O proxecto adxudicouse a empresa Noega Ingenieros S.L., por un importe de máis de 78.600 euros e ten un prazo de execución de 12 meses.

Con esta actuación preténdese a mellora da seguridade vial da zona, tanto para vehículos como para peóns que transiten por esta estrada do concello de Oleiros.
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress