Viernes, 10 agosto 2012

Importante partido de Fútbol Sala en Arteixo

Enviar por email

O Santiago Futsal comezará os seus partidos de pretempada o vindeiro martes 14 de Agosto en Arteixo...

  • O Martes 14 de Agosto disputarán un amistoso no Pazo Municipal dos Deportes de Arteixo as 21:30h.
  • O Santiago Futsal comeza así a súa preparación para a Supercopa de España que se disputará en A Coruña en setembro
  • Enfronte atoparase a unha selección dos mellares xogadores galegos de fútbol sala


[Img #18039]O Santiago Futsal comezará os seus partidos de pretempada o vindeiro martes 14 de Agosto en Arteixo. O equipo dirixido polo padronés Santi Valladares  enfrontarase a un combinado de xogadores da Asociación Galega de xogadores de Fútbol Sala, que celebran o seu primeiro aniversario desde a súa creación.

O novo Santiago Futsal aproveitará este encontro para preparar a Supercopa de España que se celebrará na cidade de A Coruña os vindeiros 8 e 9 de setembro ante os tres grandes do fútbol sala nacional: O vixente campión de liga e Copa de España, o FC Barcelona Alusport; o primeiro clasificado da liga regular a tempada pasada, O Pozo Murcia; e a un dos equipos con mellor palmarés do mundo, o Inter Movistar.

Enfronte terá a unha selección dos mellores xogadores de fútbol sala galego, todos eles, membros da Asociación Galega de xogadores de Fútbol Sala. Así, e dirixidos por Sergio Blanco no banquillo, formarán parte deste equipo Juanjo e Buxía na portería, Pana, Yago Socastro, Cagiao, David González Piñón, Jacobo Castelo, Juve, Marcial y Álex.

  A entrada ao partido é gratuita

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS