Sábado, 4 agosto 2012

As obras do POS avanzan a bo ritmo de actuación

Enviar por email

Actualmente estase traballando simultaneamente na mellora das estradas nos núcleos de San Paio (Erboedo), As Táboas e Condes (Soandres). Outras actuacións previstas afectarán a vías das parroquias de Montemaior, Vilaño e Golmar. As obras son cofinanciadas entre o Concello da Laracha e a Deputación Provincial da Coruña...

[Img #17973]As obras que o Concello da Laracha está acometendo con cargo á anualidade 2012 do Plan provincial de cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (POS) avanzan a bo ritmo de actuación e cumprindo cos plans inicialmente previstos.

Con cargo a este Plan convocado pola Deputación da Coruña, o Concello da Laracha está realizando actuacións dirixidas a renovar a rede viaria municipal en núcleos rurais de cinco parroquias do municipio, concretamente Erboedo, Soandres, Vilaño, Montemaior e Golmar.

Actualmente as obras en execución corresponden á renovación do pavimento nos núcleos de San Paio (Erboedo), As Táboas e Condes (Soandres).

Outros proxectos que se executarán con cargo a este programa son a mellora dos camiños de acceso á Lamela e Marfulo en Vilaño.

Na parroquia de Soandres tamén se renovarán as vías en Vista Alegre e no acceso á Fraga, así como os camiños Currelos-As Salgueiras e O Priorato-Abeleira de Boimir.

En Erboedo tamén está proxectada a mellora da superficie de rodadura nas zonas máis deterioradas da estrada que comunica a AC-552 coa AC-400 por A Fontenla.

Na parroquia de Golmar renovarase a estrada Requesende-A Calvela, e en Montemaior, unha vía do lugar de Zanfoga.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS