Martes, 31 julio 2012
CULLEREDO

Culleredo estrea o uso cultural das naves da Cros coa celebración dunha gala de circo na rúa

Enviar por email

Os artistas ofrecerán técnicas de acrobacia aérea, malabares ou clown dentro da antiga fábrica. O público situarase tamén na propia nave. O espectáculo será o venres 3 a partir das 21.30 horas..

O Concello de Culleredo ten en mente, como xa é coñecido, que as naves da antiga fábrica da Cros acollan un gran centro cultural, referente na comarca. As estruturas foron consolidadas e descontaminadas e o proxecto está a espera do impulso económico ao que se comprometera o Goberno do Estado.

Mentres isto non se produce, o Concello decidiu aproveitar as características e estética deste patrimonio industrial para inicial a actividade cultural. Será este venres, 3 de agosto, a partir das 21.30 horas.

A nave da Cros situada máis preto do paseo marítimo será escenario para un gran gala de circo na rúa. Malabaristas, acróbatas, ou pallasos ofrecerán as súas técnicas baixo a estrutura da fábrica. Alí tamén se situarán os espectadores deste espectáculo que terá unha entrada libre e gratuíta.

O goberno municipal está convencido de que o emprazamento deste circo de rúa, na nave ao pé da ría, mellorará o resultado coa súa grandiosidade e a súa espectacularidade nun entorno privilexiado e histórico. As vigas e columnas servirán para acoller elementos do circo e permiten un variado xogo de luces.

A Gala de Circo na rúa “RUACTIVA” é un espectáculo de 100 minutos de duración dirixido a todos os públicos que conta coa participación de tres compañías, un presentador e una banda de música en directo co mellor do noso circo.

Contaremos coa presenza das compañías máis representativas do momento, una banda que interpreta música en directo e un presentador “mestre de cerimonias” que da paso a una grande variedade de espectáculos e números circenses.

A interacción entre as tres compañías participantes, a participación do público, a variedade de técnicas artísticas, as espectaculares acrobacias aéreas, o encanto da música en directo, a presenza dun presentador como nexo do espectáculo e toda a maxia e ilusión do circo son os  eixes dun dos espectáculos da rúa do momento que está a ter un enorme de éxito en toda Galicia, pero que en Culleredo contará co extra do escenario.

O Concello invita aos veciños de desfrutar deste espectáculo que estreará A Cros como escenario cultural, poñendo en valor un patrimonio industrial único.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS