Lunes, 23 julio 2012

Nota de prensa do BNG

Enviar por email

Silvia Seixas: o PP de Arteixo sube as taxas das actividades e da escola infantil para pagar os seus caprichos...

[Img #17751]O BNG de Arteixo denuncia que o grupo de goberno do PP modificará no vindeiro pleno as taxas tanto da escola infantil coma das actividades deportivas,culturais e sociais incrementando o prezo para os usuarios e usuarias. “ Nunha situación como a actual o que debería facer o goberno municipal e deixar os prezos como están sobre todo cando eles incrementaron os seus salarios en máis de 277.000 euros”.

Os prezos das actividades culturais, deportivas e socias increméntanse unha media dous,tres, cinco e até 28 euros as escolas de recuperación funcional “ esta é a súa política a de saquear aínda máis o peto dos veciños e das veciñas”

Por outra banda a voceira do BNG indicou “ que moi ao contrario do que din en declaracións aos medios de comunicación os cambios que fan na ordenanza fiscal da escola infantil o que farán e que máis xente pague a pesares de que cada día a economía familiar está peor. Un concello que se dedica a contratar estudios e obras millonarias moitas delas innecesarias (véxanse os máis de 100.000 euros nunha oficina de turismo que valía perfectamente como estaba; o pago de teléfonos móbiles o incremento de membros do PP nas mesas de contratación, a contratación dunha empresa de comunicación que vai levarse máis de 42.000 euros das arcas municipais, pagar un logo con 17.000 euros.....) non pode estar saqueando agora á cidadanía de Arteixo”

 Por outra banda na Ordenanza das actividades  que se pretende aprobar no pleno do martes  non se contemplan reducción de prezos polos ingresos familiares polo que unha familia con ingresos mínimos pagará o mismo que outra persoa con ingresos cuantiosos. Ao igual que pasa na Ordenanza da Escola da que quitan a reducción do pago da matrícula segundo os ingresos e igualan a cantidade para todos e todas ( 95 euros)

Silvia Seixas considera  vergoñento  que hai uns meses presentara o BNG unha moción pedindo que non se incrementaran os prezos dos servizos na escola infantil e o goberno do PP votou en contra “esa é a súa política a de pasar dos problemas reais da xente e dedicarse as festas e as comidas”.

¡Deje su comentario!
3 Comentarios
¡¡Festaaa,festaaa,festa rachada¡¡
Fecha: Lunes, 23 julio 2012 a las 16:03
Menos mal que hai algún grupo político que se dedica a informar ós veciños da clase de mandatarios que temos en Arteixo(PPééé...).A esta tropa non lle tembla o pulso a hora de espremer á xente dá pé.Eles o que fán é vender ben a moto donde saben facelo,como foi a sardiñada do Porto de Suevos déste pasado fin de semán,á cal asistiron con vergoña ou sin ela,cáseque medio goberno municipal(carliños,fina,pura,novo,é algúns suplentes da lista(pp),que facían de anfitrións,luis,angel,...,Non sei si me queda algún,creo que sí.Póños con minúscula porque penso que é o apropiado pólos oportunistas que son(é moito máis que van ser nós diversos actos a celebrar néste vran).Eso en realidade é o que traballa o voto chegado o momento de introducílo ná furna).Nése momento ninguén se vai acordar dos recortes,da súba de taxas,das perdas dos dereitos laborais(despidos gratis etc.),retirada do aborto por malformación do feto,etc.etc.etc..Viva o folclore oportunista oé.
JUAN SIN TIERRA
Fecha: Lunes, 23 julio 2012 a las 13:30
Silvia esa protesta que se hace por la subida de las tasas no les importa, o es que no te has dado cuenta que los niños no votan y que ya demostraron que no les importa para nada, cuando la Alcaldesa PILAR SOUTO aprobó el proyecto de la guardería que votaron en contra y que ahora han inaugurado diciendo que aumentaron las plazas en 109 alumnos. HACE FALTA TENER CARA DURA.
Goberno Dimisión
Fecha: Lunes, 23 julio 2012 a las 13:30
Unha vez máis Noraboa o BNG por informar a ciudanía das falcatruadas que está a facer o goberno de Arteixo,coa radio municipal censurada pola dictadura do pp é a única maneira que os veciños saiban a clase de xentuza que nos goberna.
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS