Sábado, 21 julio 2012

Nota de prensa do PSOE

Enviar por email

O mes pasado o goberno do señor Calvelo presentou ao pleno un punto onde falaba de dar cumplimento da sentenza que anulaba o estudio de detalle a UA31 e incluía a toma de decisións, cunha nova aprobación do estudio de detalle destaunidade de actuación...

Dende o grupo Municipal Socialista advertimos das nosas dúbidas con esta forma de actuar, tanto no procedemento, xa que desta sentenza nunca se dera conta nun órgano oficial e non fora recurrida por tal motivo, como se alguén a tera metido dentro dun caixón, ata que no ano 2010 un particular foi o que denunciou a sua situación e deu coñecemento de dita sentenza, que fixo que o anterior grupo de goberno solicitase un informe xurídico para dar cumplimento a dita sentenza, e que non apareceu ata este momento, ainda que a principios de 2011, a anterior alcaldesa voltase a solicitar de urbanismo que dera un informe sobre este tema. E de súpeto aparece un informe de Augas de Galicia, que ningún órgano de este Concello solicitou e se toman medidas a doc para aprobar definitivamente un estudio de detalle que dubidamos que agora mesmo cumplise coa normativa urbanística vixente.

O noso grupo presentou un recurso de reposición da legalidade polo procedemento seguido polo grupo de goberno para dar cumplimento a sentenza de TSXG e a incapacidade para poñer un recurso de reposición ante ditos acordos que segundo poñía facíanse "....... en cumplimeinto de los estrictos términos de la sentencia citada declarda firme, ......" Tal extremo, non foi tratado na sesión plenaria, xa que non se adoptou acordo algún en canto o réxime de recursos que podía interpoñerse contra os acordos adoptados no punto 19 da orde do día;  iso o marxe de que absoluta e rotundamente FALSO que a citada resolución xudicial conteña, (na parte dispositiva ou no resto da da sua fundamentación),  mandato algún que ordene o Concello a aprobación do estudio de detalle da UA 31;    polo contrario, o que di  concretamente a sentenza e que ANULA O ACORDO POLO QUE SE APROBA O ESTUDIO DE DETALLE DA UA 31. Entendemos especialmente grave este punto, dado que por un lado estase a causarlles os cidadans una clara vulneración dos seus dereitos constitucionales, o impedirlles o exercicio lexítimo dos recursos ordinarios contemplados na lexislación;  e por outra banda,  estase a prestar aprobación definitiva a un instrumento de desenrolo do planeamento sin seguirse o procedemento legalmente establecido; en ambos casos,  baixo a xustificación dun mandato xudicial inexistente. Dito recurso vai a ser inadmitido a trámite como así foi recollido no ditame de hoxe da Comisión de asuntos do pleno onde se ditaminou positivamente polo PP a inadmisión a trámite de dito recurso.

Por outra banda estamos sorprendidos e contrariados polas declaracións feitas polo concelleiro de urbanismo cando afirmaba ".......EMPEZAMOS FALANDO CON UN PONENTE DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA QUE NON LLE SEI AHORA O NOME PERO  ALA FOMOS ...............NINGUN DELES COBROU NADA, SENCILLAMENTE ASESORARON NA SUA OPINIÓN, E TODOS ELES ESTAN VIVOS E PODEN DECIR QUE ESTAN DE ACORDO         CON ESTA MANEIRA DE EXECUTAR A  SENTENZA......".- intervención que figura na acta do pleno e que foi motivo de que este grupo presentara un escrito ante o CGPJ pola gravedade das afirmacións que implican de forma gravísima  a un Maxistrado do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia ao que se lle atribue un asesoramento, -entendemos que verbal-, a un político vinculado ao Partido Popular de Arteixo, sobre  o xeito  no que se debe executar unha sentenza; modo de actuar que se alonxa bastante  das funcions  inherentes a Xuíces e Maxistrados, que dende logo non son a de asesoramento a políticos ou grupos políticos, nin a Coporacions Locais, senon que  son as de  Xuzgar e facer executalo xuzgado. Dende logo desde o noso grupo dubidamos da veracidade de ditas afirmacións e esperamos que o Consello poña a cada un no seu sitio, polo que lle solitamos inicie unha investigación polo sucedido e se adopten as medidas oportunas para aclarar dito punto, xa que non é a primeira vez que escoltamos deste concelleiro afirmacións que sabemos que distan moito da realidade.

Agora chega a este pleno a inadmisión a trámite do noso recurso voltando a utilizar a falacia de que o noso grupo recurre a aprobación definitiva do estudio de detalle e así figura no punto de orde do día da Comisión Informativa polo que teremos que estudiar recurrir ao Contencioso nun tema que se está a tratar torticeramente por parte do PP.

¡Deje su comentario!
1 Comentario
Meicende
Fecha: Sábado, 21 julio 2012 a las 11:51
Es evieddente que el pp de Arteixo vuelve a las andadas,es vox populi que quien gobierna no es precisamente el sr Calvelo sino Pose y Vila.Este gobierno es un desastre a nivel nacional y a nivel local,donde alcalde y concejales de gobierno cobran sueldos desorbitados por no hacer nada,lo únicos puestos de trabajo que creó el gobierno del pp de Arteixo fueron dedicaciones exclusivas para sus concejales,una vergüenza.La oposición debe unirse y pedir la dimisión de estos impresentables.
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS