Achéganse as Festas do Santiago Apóstolo no Concello de Arteixo, e un ano máis, serán unha morea de eventos deportivos os que nos acompañen en tan sinaladas datas...
Cabe destacar, a gran implicación das distintas entidades deportivas do Concello, para poder levar a cabo un programa deportivo tan amplo e que reuna a tantas e tan diversas disciplinas deportivas, como son entre outras o patinaxe, a natación, o fútbol ou o xadrez, por nomear algunhas delas.
Entre as actividades que se celebrarán, as hai participativas, e que están abertas á poboación en xeral, como poden ser o II Triatlón Concello de Arteixo, ou a Travesía a nado que se celebrarán o domingo 29, e as hai que permiten disfrutar dun bó espectáculo, como sería a exhibición de patinaxe ou os torneos de fútbol.
O que hai que destacar en definitiva, e o carácter popular e de promoción de todas elas, na que o deporte se achega ao cidadán de a pé, e cunha participación dos propios veciños máis alá do testimonial, pois son eles os participantes na maioría dos eventos, ademais de ser os organizadores de todos eles.
Este ano a programación deportiva é a seguinte:
21, 22, 23 e 24 de xullo, de 15.30h a 23.00h, e o 25 de xullo de 16.00h a 20.30h, no Centro de Novas Tecnoloxías
25 de xullo, de 9.00 a 20.00, no Hércules Club de Golf de Larín
25 de xullo ás 17.00h, na zona deportiva, Avda Arsenio Iglesias
25 de xullo, ás 21.00 no Pazo dos Deportes
28 de xullo, ás 17.30 3º posto, e ás 19.30 final, no Campo de Fútbol Municipal
29 de xullo, de 9.30h a 14.00h, na praia de Sabón
29 de xullo, ás 12.00 h no Porto de Suevos