Martes, 17 julio 2012

San Román veteranos, campión do campionato municipal de peñas 2012

Enviar por email

Venceu na final a Peisaco Suiza nos penaltis tras empatar a 1 no tempo regulamentario. San Román venceu a Estramil no encontro polo terceiro posto...

[Img #17648]San Román Veteranos proclamouse campión da edición de 2012 do Campionato de Peñas de Fútbol da Laracha, nun encontro disputado no Campo Municipal da Laracha o pasado sábado ante o conxunto Peisaco Suiza e que se decidiu nos lanzamentos de penalti tras rematar os 90 minutos regulamentarios con empate a 1 gol no marcador.

O partido comezou co ritmo alto que fixaba San Román Veteranos, o claro dominador dos primeiros compases. Moi pronto chegaba o 1-0, obra de Bechi aos dez minutos. Peisaco Suiza non tardou en respostar e Adonis facía aos 25 minutos o gol do empate.

Desde ese momento o encontro foi moi igualado, con notable esforzo físico no centro do campo en ambos conxuntos e coas defensas impoñéndose aos ataques, sen permitir que se creasen demasiadas ocasións claras de gol.

Nos penaltis foi decisiva a excepcional actuación do porteiro do San Román Veteranos, Cotelo, que detivo tres dos catro lanzamentos do conxunto rival para darlle o título ao seu equipo.

No encontro polo terceiro e cuarto posto, o outro conxunto da parroquia de Cabovilaño, San Román, impúxose a Estramil por 2-1 con dous goles de Zeus. Rubén Paz fixo o único tanto do cadro da parroquia de Torás.


[Img #17649]SAN ROMÁN VETERANOS: Cotelo, Juan Carlos, Marcos, Rizos, Marcelino, Sergio, Nacho, Amorrortu, Montero, Bechi e Santi. Tamén xogaron: Lolo, Pedreira, Fronteras, Sebas e Pedro.

[Img #17651]PEISACO SUIZA: Rúas, Darío, Kasul, Javi Blanco, Cabezas, Fabeiro, Cachizo, Otero, Javi Erboedo, Richu e Adonis. Tamén xogaron: Sevilla, Daniel, Bolón, Pedro, Calculín e Chicho.

Goles:  1-0, min 10: Bechi. 1-1, min 25, Adonis.

Penaltis: 3-1

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS