Exposición "Ondas de Irmandade II", centenario do asociacionismo mariñeiro. Sada
O Concello de Arteixo foi escollido pola Deputación Provincial da Coruña para a itinerancia desta exposición que rotará por distintos municipios da provincia da Coruña.
A exposición "Ondas de irmandade II" inaugúrase o venres 13 de xullo ás 20.00 h e contará coa actuación de "Faltriqueira".
Do 13 de xullo ao 6 de agosto estará na sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo.
"Ondas de irmandade II está basada nas experiencias protagonizadas por unha magnífica xeración de homes e mulleres que participaron activamente na revolución tecnolóxica. Eles levaron a pesca galega á era industrial".
![[swf object]](images/blank.gif)