Dirixido a nenos de entre 9 e 16 anos. Desenvolverase entre o 22 e o 28 de xullo no colexio Calvo Sotelo da Coruña. O programa inclúe o aloxamento e pensión completa. A actividade está subvencionada polo Concello e a Deputación, polo que a matrícula ten un custe reducido de 40 euros...
O Concello da Laracha anuncia a apertura do prazo de inscrición para o Campus de Baloncesto de verán que organiza o Basket Coruña e que vai dirixido a rapaces de 9 a 16 anos de idade. Desenvolverase na cidade herculina, concretamente nas instalacións do colexio Calvo Sotelo, entre o 22 e o 28 de xullo.
O programa inclúe o aloxamento e a pensión completa durante toda a semana, así como as actividades relacionadas co baloncesto dirixidas a mellorar as habilidades tácticas e tamén técnicas en aspectos como o bote, pase, tiro, defensa, etc.
O Concello da Laracha e a Deputación Provincial da Coruña colaboran no financiamento do Campus, polo que a matrícula terá un custo reducido de 40 euros por cada neno.
Os rapaces interesados participar deben formalizar a súa inscrición no departamento de cultura e deportes. O Concello da Laracha dispón de 25 prazas neste campus de baloncesto.