Nas inmediacións do antigo vertedoiro, que foi pechado e selado no ano 2000. A rápida intervención municipais impediu que se producisen danos medioambientais de relevancia. O Concello lembra que o Punto Limpo é un servizo gratuíto para todos os veciños da Laracha...
O Concello da Laracha presentou unha denuncia ante o Seprona tras detectar un vertido de lixo en Corteo (parroquia de Lendo), nas inmediacións do antigo vertedoiro situado neste lugar da carreteira que dirixe a Caión e que hai agora doce anos, no 2000, foi selado e pechado.
A rápida intervención municipal, localizando o vertido poucas horas despois de ser depositado, evitou que puideran producirse danos mediambientais de relevancia, xa que entre o lixo había material tóxico como restos de electrodomésticos (televisores e lavadoras), plásticos e neumáticos.
Unha vez sexa completado o informe, os operarios municipais retirarán nas próximas horas o vertido, que se sitúa, ademais, ocupando practicamente todo o ancho dun camiño de acceso a fincas de particulares, imposibilitando, por tanto, o acceso dos vehículos.
Desde o Concello da Laracha lamentamos o sucedido e a actitude incívica e insolidaria dos responsables desta situación. Cabe lembrar que o Punto Limpo da Laracha é un servizo totalmente gratuíto para os usuarios que está a disposición de todos os veciños do municipio no Formigueiro, moi preto do casco urbano da Laracha, os luns, mércores e venres en horario de 16.00 a 20.00 horas e os sábado de 10.00 a 14.00 horas.