Viernes, 29 junio 2012

Inaugúrase a exposición coas obras resultantes do obradoiro de pintura do FArtAR

Enviar por email

Onte, xoves 28 de xuño ás 19:00 h, tivo lugar a inauguración das obras realizadas polas persoas participantes no obradoiro de pintura celebrado o pasado sábado 9 de xuño con motivo do Festival Arteixán de Arte na Rúa (FArtAR)...

[Img #17437]

A actividade, impartida pola pintora arteixana Ana Novo no Centro Cívico  Cultural de Arteixo, deu como resultado 57 lenzos que se agruparon por gamas  cromáticas para exhibir na sala de exposicións do 28 de xuño ao 10 de xullo.


No acto de inauguración, presidido pola concelleira de Cultura, Celina  Varela Suárez, interviñeron, aparte da edil, a propia monitora do obradoiro, Ana  Novo e a coordinadora técnica de Cultura, Sonia Iglesias Recarey que loubaron a  enorme acollida desta exposición e iniciativas como a deste festival nacido da  colaboración dos distintos axentes culturais que coexisten no Concello de  Arteixo. 


Aparte de poder contemplar a enorme calidade artística das pezas  creadas, os asistentes, a maior parte, participantes no festival, tamén se  entretiveron coa proxección dun video sobre as actividades que se desenvolveron  o venres do festival así como das distintas imaxes tomadas durante toda a fin de  semana que durou o FArtAR, un evento que achegou á veciñanza de Arteixo  distintas manifestacións culturais. 


Entre os asistentes destacou a presenza das  pintoras e esculturas Mónica Sánchez Calvo e Hilda Varela; o escultor Kantry; o  fotógrafo do Festival e deseñador da cartelería do festival, Antón Varela; a  monologuista e contacontos Ana Hermida; membros de diversas asociacións e  colectivos como o Artaigo Coral, o Coro Infantil e as agrupacións instrumentais  da Escola Municipal de Música de Arteixo, FlyGMusic, o grupo de teatro  Pasapadentro da AC Melandrainas, o grupo de canto e o grupo de pintura,  restauración e manualidades de SS SS, o grupo de bailes de salón de Xuventude e  o Dúo Camándula entre outros.


Todas aquelas persoas interesadas en adquirir as obras pictóricas poden  facelo sempre e cando ingresen a módica cantidade de 10 € a través da folla de  pago que se facilitará na Conserxería do CCC de Arteixo. Os lenzos comprados  pódense retirar do 10 ao 13 de xullo.



[swf object]


¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS