Silvia Seixas Naia, concelleira do grupo municipal do BNG , presenta a seguinte moción , ao abeiro do Regulamento, para o seu debate e posterior aprobación na sesión plenaria ordinaria do mes de xuño...
Exposición de Motivos
O Goberno do PP na Xunta de Galiza continúa na liña de recortarlle aos concellos todo tipo de medidas destinadas ao fomento do emprego ou a programas de promoción, cooperación e formación das persoas.
Así, o pasado venres, 15 de xuño, fixo pública no DOG a drástica redución de axudas e subvencións aos concellos para o fomento do emprego a través de programas de cooperación que permitían a contratación de persoal para reforzar os servizos municipais. Pero tamén a redución de programas de accións formativas destinadas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas e de promoción da integración laboral de persoas con discapacidade.
Estas reducións acadan máis de 61 millóns de euros que representan preto do 50% dos importes recollidos nos Orzamentos da Xunta de Galiza para este ano 2012. E desta cantidade cabe destacar a redución de 33 millóns de euros (case o 75%) das axudas aos concellos destinadas a contratación de persoas no paro para distintos servizos municipais (servizo de axuda no fogar, brigadas municipais, etc.), deixando pouco máis de 12 millóns de euros e confirmando así a escalada de recortes do goberno do PP na Xunta de Galiza desde fai tres anos, provocando cada día máis persoas desempregadas, convertendo en falacias as promesas electorais Feijóo de acabar co paro en 45 días.
Galiza sufre a política do PP, condenada a non poder recuperar a senda da creación do emprego e inverter a actual tendencia da súa destrución; condenada a non poder xerar desde os concellos as condicións para o desenvolvemento das oportunidades laborais e a prestación de servizos a veciños e veciñas. Chegando a acadar as máis altas cotas de desemprego, situando a Galiza nunha taxa de máis do 20 %, onde máis emprego se destrúe no Estado e castigando a máis de 275.000 galegos e galegas a continuar nunha situación de anguria e desesperanza.
A Xunta de Galiza gobernada polo PP pregouse definitivamente ás políticas de recortes do Goberno do Estado e aos ditados dos mercados financeiros: pagar primeiro os intereses da débeda a costa dos recortes nas políticas sociais e no emprego, impedindo axudas a persoas paradas para atopar traballo.
E unha vez máis o PP castiga a aquelas persoas que máis sofren a crise, precarizando as condicións de traballo mediante a reforma laboral, reducindo dereitos e aumentado o desamparo das persoas desempregadas e aquelas menos preparadas para atopar un emprego.
E por isto que o grupo municipal do BNG presenta esta moción e solicita o voto favorábel do Pleno da Corporación municipal para a adopción do seguinte
ACORDO
1. Rexeitar a drástica redución das axudas ás políticas activas de emprego que permiten aos concellos a contratación de persoas desempregadas.
2. Instar á Xunta de Galiza a: