Sábado, 23 junio 2012

O servizo de socorrismo xa está operativo na praia de Caión

Enviar por email

O areal xa está totalmente preparado para recibir aos centos de usuarios que se agardan para este fin de semana. A Bandeira Azul, que foi recollida onte en Foz polo Alcalde, será izada o domingo ás 13.00 horas...

[Img #17368]A praia de Caión dispón desde hoxe do servizo de socorrismo que o Concello da Laracha, tras realizar durante os últimos días as probas de selección do persoal, pon en marcha coa chegada da época estival e manterá ata o vindeiro mes de setembro.

Deste xeito, o areal está totalmente preparado para recibir aos centos usuarios da praia que se prevé que acudan xa durante este fin de semana.

A calidade da auga de baño, a cobertura en servizos que se ofrece e as instalacións municipais existentes en Caión posibilitaron que na praia ondee un ano máis a Bandeira Azul, que precisamente foi entregada hoxe polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, ao Alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, nun acto celebrado na praia da Rapadoira da localidade lucense de Foz.

A Bandeira Azul será izada na praia de Caión este domingo nun acto que terá lugar ás 13.00 horas.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS