O BNG acusa ao goberno local de andar dando bandazos en todo o que ten a ver co porto punta lagosteira...
O grupo municipal do BNG levará ao pleno varias preguntas a respecto do Porto de Punta Lagosteira da ubicación do Centro de interpretación, do pago das expropiacións e das inversións nas compensacións acordadas coa veciñanza.
Silvia Seixas destacou “a falta absoluta de criterio tanto da Autoridade Portuaria coma do goberno local do PP que cada día din unha cousa distinta dependendo de como sople o vento hoxe é aquí e mañán acolá e pídelles seriedade e planificación”. O centro de interpretación debería estar situado entre os núcleos de Rañobre e Suevos para deste xeito servir como referencia da recuperación do patrimonio destruído na zona, “ non só sería un museo senón que serviría para facer unha ruta patrimonial-cultural visitando e poñendo en valor as tumbas tardorromanas que apareceron na contorna, actuando sobre o Castro de Rañobre e tamén sobre o de Pastoriza así como os importantes vestixios etnográficos que hai na contorna (pazo de suevos, pombal, xardín histórico...). Segundo indicou a Portavoz “o obxectivo princial debe ser a recuperación e a posta en valor do noso patrimonio como fonte de riqueza e de xeración de postos de traballo algo que eles non teñen presente”
Por outra parte a portavoz do BNG destacou o retraso nas compensacións que prometeu a Autoridade portuaria “ e que contan eses incumprimentos co silencio cómplice de Carlos Calvelo que agora está moi calado e non informa á veciñanza”. Silvia Seixas tamén considera lamentábel que “ aínda non se pagasen as expropiacións a pesares do compromiso adquirido mais tampouco aquí escoitamos ao Sr. Calvelo”
A Portavoz do BNG tamén comentou “ que a día de hoxe e a pesares das importantes decisión que se están tomando na zona portuaria o Concello de Arteixo siga sen ter representación na Autoridade Portuaria a pesares de que o BNG o leva solicitado todos estes anos, sen embargo o goberno do PP da Coruña si toma decisións a respecto do Concello de Arteixo xa que conta con representación na Autoridade Portuaria”
O BNG apoiará á veciñanza nas súas reivindicacións porque se algo se vai conseguir é evidente que vai ser pola presión e polo traballo que se faga pola súa banda e en absoluto será mérito do Alcalde de Arteixo por moito que se poña nas fotos” indicaron no BNG.