No salón de Plenos do Concello da Laracha será presentado este xoves, ás 12.30 horas o I Torneo Finde-Basket...
No salón de Plenos do Concello da Laracha será presentado este xoves, 14 de xuño, ás 12.30 horas o I Torneo Finde-Basket, organizado polo Club Baloncesto Laracha en colaboración co Concello.
O evento disputarase durante a próxima fin de semana nos pavillóns polideportivos municipais da Laracha e de Paiosaco, contando con equipos de todas as categorías procedentes de diversos municipios da provincia da Coruña.
No acto de presentación aos medios de comunicación agárdase a presencia do Alcalde, D. José Manuel López Varela, e do Presidente do C.B. Laracha.