Desde o Concello da Laracha facemos un chamamento aos titulares dos locais de hostalería que, especialmente durante o verán, teñan previsto ocupar a vía pública...
Desde o Concello da Laracha facemos un chamamento aos titulares dos locais de hostalería que, especialmente durante o verán, teñan previsto ocupar a vía pública para desenvolver a súa actividade comercial, para que pasen polo rexistro central da Casa Consistorial a facer a correspondente solicitude.
Así mesmo, recórdarlle aos propietarios destes locais que, segundo o artigo 26 da “Ordenaza Municipal sobre Promoción de Conductas Cívicas dos Espazos Públicos” deben manter limpa a zona de vía pública afectada pola súa actividade.
O citado artigo, no seu punto segundo di textualmente: “os titulares de quioscos, postos ambulantes, terrazas de café, veladores, bares e restaurantes, así como locais caracterizados pola venda de artigos susceptibles de producir residuos como gomas de mascar, cascas de froitos secos, envoltorios refugables, etc., están obrigados a colocar recipientes axeitados para a verdedura de ditos residuos. Así mesmo deben manter limpa a área de vía pública afectada pola súa actividade. Esta obriga será esixible, tanto á aertura e peche da actividade, como durante o funcionamento da mesma”.