Sábado, 2 junio 2012

solicitudes de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Enviar por email

A Concellería de Ensino, Cultura e Deportes da Laracha –da que é máxima responsable Patricia Bello- anuncia que xa está aberto o prazo para presentar as solicitudes de participación na convocatoria de axudas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a adquisición de libros de texto e material didáctico dirixidas aos alumnos matriculados en educación primaria, secundaria obrigatoria ou educación especial durante o próximo curso escolar 2012-2013.

As instancias poden recollerse na Oficina de Información Xuvenil (segundo andar da Casa do Concello), onde deberán ser presentadas debidamente cubertas e acompañadas da documentación requirida.

O prazo de presentación de instancias finalizará nas seguintes datas

  • Alumnos de educación primaria e educación especial: 2 de xullo.
  • Alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: 26 de xullo.
  • Alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: 1 de outubro.
¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS