Viernes, 1 junio 2012

Excursión ao Carballiño para os maiores

Enviar por email

Celebrarase o vindeiro sábado día 9 de xuño. Organizada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia...

A Concellería de Servizos Sociais, que dirixe a edil Rocío López, anuncia que as persoas interesadas en participar na excursión ao Carballiño que se celebrará o sábado da próxima semana, día 9 de xuño, con motivo da XXXIV Xuntanza de Maiores que organiza a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, xa poden realizar a súa inscrición.

Esta proposta vai dirixida ás persoas maiores, xubiladas ou pensionistas do noso municipio. Os interesados deben apuntarse, dun xeito totalmente gratuíto, nos locais sociais da Laracha (edificio de Servizos Múltiples), Caión (antiga Casa Reitoral) e de Paiosaco (novo centro sociocultural).

A saída do autobús está prevista para as 7.15 horas desde a praza Eduardo Vila Fano de Caión e ás 7.30 horas desde a explanada do IES Agra de Leborís da Laracha.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS