A plataforma de afectados polas obras do Porto Exterior de Punta Langosteira fai saber que...
1º Con data do 18 de Maio do 2012, presentes por rexistro ante o concello de Arteixo, solicitude de 2ª valoración técnica para 32 casas de veciños de Suevos e Rañobre, por parte dun técnico a designar polo concello, que non foron reparadas pola UTE Langosteira baixo o informe técnico desfavorable.
2º Que con data do 24 de Maio do 2012 presentandose no rexistro da autoridade portuaria da A Coruña as seguintes peticións:
A. Que se fagan efectivos os pagos adeudados os propietarios expropiados nas distintas fases expropiatorias en concepto de valoracións, xustiprezos e intereses xerados dende o ano 2005, non ten xeito acometer novas expropiacións sin arranxares as débedas anteriores.
B. Que ante proximidade da reanudación das obras no porto, e tendo coma exemplo as anteriores, se lle faga un protocolo de grietas a todalas casas de Suevos e Rañobre, coa fin de dirimir posibles responsabilidades nos danos que se poidan producir nas casas de ditos pobos.
C. Seguindo cao liña levada a cabo no comezo das obras deste porto, se priorice a contratación para os veciños e veciñas da Suevos-Rañobre nas obras, coma afectados directos, e así pagar dalgún xeito o alto indice de paro existente na zona, e os efectos negativos que para os nucleos do entorno trouxo e traerá a contrucción desta infraestructura.
- Por todo isto, e ante a falla de compromiso mostrada ata o de agora, facemos un chamamento os veciños a que manifesten o seu malestar o vindeiro Lúns 4 de Xuño diante da casa do concello de 10:00 a 13:00, coincidindo co levantamento de actas da 4ª expropiación do Porto Exterior.