Miércoles, 30 mayo 2012
CULLEREDO

O único árbitro galego de Primeira División charlará hoy con 50 nenos

Enviar por email

Iglesias Villanueva porá en valor a figura do árbitro e a súa función educativa de 13.00 a 14.00 horas no CEIP Díaz Pardo do Burgo...

A Concellería de Educación en coordinación coa Concellería de Deportes, desenvolverá hoy, mércores día 30 de maio, a actividade denominada “Arbitraxe”, dirixida ao alumnado de 6º de educación primaria do CEIP Díaz Pardo, situado no Burgo.

De 13:00 a 14:00 horas, o único árbitro de 1ª división galego, Ignacio Iglesias Villanueva, dará unha charla aos 50 alumnos e alumnas de 6º de educación primaria do colexio acerca da formación dun árbitro e a súa función educativa.

Esta novidosa actividade ofertouse neste curso aos centros escolares, co obxectivo de favorecer a práctica habitual do deporte e por en valor a figura do árbitro desde o punto de vista dos valores de respecto, tolerancia e non-violencia.

IGNACIO IGLESIAS VILLANUEVA, leva arbitrando 23 anos, dos cales os dous últimos en primeira división. É natural de Pontedeume e  pertence á delegación  de árbitros de Ferrol.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS