Martes, 29 mayo 2012

O Hospital Montecelo acolle unha campaña de doazón de sangue do centro de transfusión de galicia

Enviar por email

Unha unidade móbil do CTG desprazarase ata as inmediacións do centro sanitario das 09.30 ás 14.30 horas para posibilitar a doazón dos profesionais do hospital pontevedrés...

O Hospital Montecelo de Pontevedra acollerá mañá, hoy 29 de maio, unha campaña de doazón de sangue promovida polo Centro de Transfusión de Galicia (CTG), co obxectivo de fomentar este xesto solidario entre os profesionais deste organismo. Esta campaña enmarcase dentro da programa de colaboración que están a desenvolver o CTG en empresas e institucións públicas galegas para fomentar a creación dunha cultura solidaria a prol da doazón de sangue na sociedade galega en xeral e, moi especialmente, acadar a participación dos profesionais do ámbito sanitario.

Unha unidade móbil do CTG desprazarase o martes 29 de maio ata as inmediacións do centro sanitario pontevedrés, situándose xunto a parada do bus intercentros no inicio da rotonda, e atenderá a todos os doadores e doadoras das 09.30 ás 14.30 horas.

Este centro hospitalario acolle por vez primeira a visita das unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia, tentando achegar o solidario acto da doazón de sangue aos profesionais do Hospital Montecelo, en particular, e a toda a cidadanía en xeral.

Empresas e organismos públicos
No pasado 2011, rexistráronse en Galicia 116.112 doazóns de sangue, das que, aproximadamente, o 10% correspóndense con doazóns recollidas en campañas realizadas en empresas e organismos públicos.

A Consellería de Sanidade e o Centro de Transfusión de Galicia, conscientes da importancia da participación deste colectivo, están a desenvolver un programa para impulsar as doazóns no seo das empresas e organismos públicos de toda Galicia, para tentar incrementar o número de doazón deste colectivo.

O Centro de Transfusión de Galicia quere amosar o seu recoñecemento ao Hospital Montecelo pola súa inestimable colaboración no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue e polo seu compromiso con este xesto solidario, fundamental para o desenvolvemento da rutina asistencial dos nosos centros sanitarios.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS