En horario de 17.00 a 21.00 horas no baixo da biblioteca municipal. O venres será a apertura das mostras de Paiosaco e de Caión. Están expostos os traballos realizados polos alumnos dos diferentes cursos organizados polo Concello da Laracha durante os últimos meses....
A exposición que o Concello da Laracha montou cos traballos realizados durante os últimos meses polos alumnos dos diferentes cursos incluídos no programa de actividades de inverno (restauración e tapicería, encaixe de palillos, bisutería, patchwork e manualidades e pintura ao óleo) permanecerá aberta ata o mércores.
A mostra, que foi inaugurada o pasado venres con motivo da celebración das festas do San Isidro, pode visitarse en horario de 17.00 a 21.00 horas no baixo da biblioteca municipal da Laracha.
O venres serán inauguradas as exposicións de Caión e de Paiosaco, que permanecerán abertas ao público durante toda a fin de semana.
Na localidade da feira, a mostra ubicarase no centro sociocultural da Porta Santa, estando prevista a inauguración para as 16.00 horas.
Unha hora despois, ás 17.00, abrirase a exposición de Caión no centro sociocultural de Ínsua.