Os primeiros partidos disputaranse o venres no campo municipal da Porta Santa. Hai inscritos once equipos da categoría xuvenil. O sábado disputarase, ademais, a IV edición do torneo de fútbol-7 de San Isidro...
A XV Edición do torneo de fútbol-7 do Concello da Laracha comezará a disputarse este venres nas instalacións do campo municipal da Porta Santa de Paiosaco.
Este ano competirán once equipos da categoría xuvenil, polo que se agarda que durante as nove semanas de duración do torneo participen máis de cen rapaces de idades comprendidas entre os 17 e os 20 anos.
Torneo de San Isidro
Pola súa parte, o IV Torneo de fútbol-7 de San Isidro vaise celebrar o sábado pola mañá, tamén nas instalacións do campo municipal da Porta Santa de Paiosaco.
Neste caso, o evento vai dirixido aos equipos benxamíns (7, 8 e 9 anos de idade) dos tres clubs de fútbol federados que existen no Concello da Laracha: Laracha C.F., U.D. Paiosaco e Club do Mar de Caión.
Ás 10.30 horas xogaranse as dúas semifinais:
U. D. Paiosaco “A” – Club do Mar de Caión
Laracha C.F. – U.D. Paiosaco “B”
Tanto a final como a final de consolación está previsto que comecen ás 11.40 horas.
Ás 12.45 celebrarase a entrega dos trofeos, na que se contará coa presenza do Alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de deportes, Patricia Bello.