Sábado, 12 mayo 2012
ATLETISMO

XV Carrera Poplar Concello de Arteixo

Enviar por email

Alrededor de 800 adultos e 300 nenos participarán nas catro probas de diferentes idades que se celebrarán a partir das 10.45 horas con saída no Pazo dos Deportes de Arteixo...

[Img #16751]Onte celebrouse o acto de presentación da Carreira Popular Concello de Arteixo coa presencia de Luis Llamas, representando a Repsol como director da refinería coruñesa, Carlos Calvelo, alcalde de Arteixo, Puri Zas, concelleira de Deportes, e José Carlos Tuñas, presidente do Club Atletismo Arteixo.

O concello de Arteixo e o Club Atletismo Arteixo organizan o domingo por 15º ano consecutivo a Carreira Popular Concello de Arteixo a través do Servizo Municipal de Deportes. Os horarios son os seguintes:


  • 10:45 Pre-atletismo (sen inscrición previa) 210 metros
  • 11:00 Benxamíns-Alevíns 960 metros aprox.
  • 11:15 Infantil-Cadete-Xuvenil 3.600 metros aprox.
  • 11:45 Senior en diante 12.000 metros aprox.


[swf object]O lugar de saída e meta de todas as carreiras estará situado diante do Pazo dos Deportes, onde se ubicará toda a infraestrutura que acompaña a este tipo de probas.As probas das categorías preatletismo, benxamíns, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís discorrerán pola Avenida Arsenio Iglesias e zona deportiva, mentres que a proba de adultos fará o recorrido tradicional pola Avda. Arsenio Iglesias, Ponte dos Brozos, Paseo Fluvial, A Ponte do Va, Cancelo, O Igrexario, Manoi, Os Laranxos, O Val, Mins, Allán, Ervedins, Marciñado, O Foxo, A Ponte do Va, Paseo Fluvial, Ponte dos Brozos, Avda. Arsenio Iglesias e chegada ao Pazo dos Deporte.

Este ano  a carreira logrou o récord de inscricións con máis de 1.100 participantes de todas as categorías, destacando a importante labor de promoción que se desenvolveu nos centros escolares de Arteixo, para a consecución destes niveis de participación.

O concello quere agradecer as diferentes firmas comerciais que nos apoian (Eroski, Cocacola, Dxt Campeón, Alquigal, Centro Comercial Aberto, Aquafit) e, moi especialmente á Repsol - Refinería de A Coruña, que sen a súa axuda sería moi complicado ofrecer moitos dos servizos que se prestan aos corredores (camisetas, avituallamento líquido, sólido...). Tamén hai que destacar a desinteresada colaboración da Agrupación Deportiva Arteixo, Club Natación Arteixo e Sociedade Cultural e Deportiva Suevos.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS