Viernes, 11 mayo 2012

Unha veciña de soandres presenta ao alcalde o seu primeiro libro de relatos

Enviar por email

María Otilia Bermúdez afirma que pretende achegar a lectura á xente das aldeas. Conta vivencias propias dun xeito dinámico e persoal. A publicación pode mercarse na Librería Pondal da Laracha a 3,5 euros...

[Img #16722]José Manuel López Varela, Alcalde da Laracha, recibiu hoxe no Concello a María Otilia Bermúdez, unha veciña do lugar de Curros, na parroquia de Soandres, que vén de editar Historias de una vida, un pequeno libro de relatos no que a autora narra unha serie de vivencias propias dun xeito moi persoal e dinámico.

María Otilia di ser “unha apaixonada dos libros” e asegura que o motivo principal que a levou a  escribir é “poñer a ler á xente e, moi especialmente, ás persoas que residen nas aldeas”. Ao tratarse dun libro de bolsillo, “pode lerse en apenas unha hora”, apunta.

Esta veciña da parroquia de Soandres regresou ao Concello da Laracha hai cinco anos, despois de pasar máis de media vida no Reino Unido, polo que pensa que ten certas dificultades para escribir en castelán. Nacida en 1966, licenciouse en Literatura e Estudo das Relixións pola Universidade Bath Spa 2n 1996. Poucos meses despois sufriu un grave problema de saúde do que aínda se está recuperando. Afirma que “escribir estame axudando a recuperar certas habilidades que tiña perdidas”.

José Manuel López Varela animou a María Otilia a “continuar desenvolvendo esta actividade coa mesma paixón” e expresoulle a súa “satisfacción persoal” ao comprobar que “nesta publicación se recollen historias e anécdotas que teñen moito que ver coas tradicións da xente da Laracha”.

O libro Historias de una vida, do que xa se venderon os primeiros exemplares o pasado día 1 de maio na Festa da Labranza de Soandres, pode mercarse ao prezo de 3,50 euros na Librería Pondal da Laracha.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS