"O Alcalde pon en funcionamento un Plan de emprego únicamente cunha pequena partida para axudas directas á contratación e creación de empresas, para logo utilizar aos alumnos do Plan Municipal de Formación como man de obra barata para o Concell"...
No pleno do mes de Abril, o Grupo municipal Socialista acusaba ao grupo de goberno do PP, de tratar de vender como excepcional, un plan de emprego para o noso concello, que se basaba única exclusivamente en subvencións directas, por un valor total de 30.000 euros para a creación de novas empresas e 30.000 euros para a contratación a traballadores, que segundo as bases poderían beneficiar a só 10 empresas e a menos de 8 traballadores. Aínda que o noso grupo non se puxo nin se poñerá en contra de medidas que favorezcan a contratación, xa decíamos que esto era como intentar cazar perdices a cañonazos, porque as políticas de promoción do emprego son competencia da Xunta de Galicia que por outra banda, ten deixado de executar 160 millóns de euros nesta materia no derradeiro exercicio.
Os recortes en materia de promoción do emprego a nivel estatal foron o número un dos recortes feitos polo goberno do estado neste presuposto, son nada máis e nada menos que 1.563 millóns de euros menos no programa de fomento da inserción e a estabilidade laboral, 1.125 millóns menos na incentivación da contratación, 440 millóns menos nos programas de formación. É completamente necesario que o goberno autonómico diseñe un plan especial para as zonas que como Arteixo estamos sufrindo con máis intensidade a lacra do desemprego, e para eso necesitamos un goberno local que presione e convenza aos Conselleiros de Industria e a de Emprego para tal fin e non só para que veñan a pasear e comer ao noso concello e logo teñan completamente olvidados os nosos intereses.
Dende o Concello, só podemos colaborar con pequenas pinceladas como esta do plan de subvencións nesta materia, pero podemos realizar outras medidas de moita máis importancia como o diseño dun plan de necesidades formativas para a nosa educación secundaria e a solicitude daquelas que sexan útiles no noso territorio, a creación dun gran centro de empregabilidade que englobe tódolos mecanismos para a xeración de emprego, dende a presenza dunha oficina do INEM para o noso concello ata a creación dun viveiro de empresas como levábamos no noso programa electoral, a planificación e diseño do noso futuro económico e industrial, o apoio e desenrolo do noso comercio local e outras deste tipo que son medidas de moito máis calado e beneficio para o noso concello.
O que non contábamos e que dende o goberno do PP, se poidese estar facendo un discurso de fomento do emprego e creación de postos de traballo e que o mesmo tempo se poidese estar levando a cabo un posible fraude de lei, utilizando aos alumnos do Plan Municipal de Formación como man de obra barata para os seus intereses. Alumnos en formación en materias como limpeza, auxiliar de xeriatría,… que poderían estar realizando o traballo dos empregados municipais e con elo, os nosos dirixentes poderían estar evitando o gasto da contratación de persoal para estas materias.
Nestas últimas datas tivemos denuncias que nos din, que dende o Concello se está presionando a algúns traballadores municipais, para que disfruten das vacacións que pode fixar a administración, sempre cun tempo de aviso que non se está a cumplir, para logo ser sustituidos por alumnos do Plan de Formación que non están en disposición de traballar senon de aprender un oficio, ademais de cubrindo as baixas dalgún traballador, sobrecargando de traballo aos empregados do Concello que teñen que exercer o traballo dos compañeiros de vacacións ou de baixa e ao mesmo tempo facendo de formadores, evitando con esta medida, as contratacións daqueles que poderían disfrutar dun traballo por este periodos vacacionais ou de baixa. Ademais se nos estivo advertindo de que alumnos do curso de auxiliar de xeriatría, poderían estar facendo, sen a presenza dun formador, visitas de fin de semana a usuarios dos servizos sociais do Concello, coa gravedade que acarrearía esa ilegalidade, no caso dalgún problema que puidese xurdir neste servizo.
Dende o Grupo Municipal Socialista estamos profundamente preocupados por estas informacións pola gravedade da situación se este tipo de fraudes se estivesen a realizar dende o Concello e por elo presentaremos no pleno deste mes de Maio preguntas para que os nosos gobernantes expliquen o que está suceder con estes cursos.