Jueves, 3 mayo 2012
LARACHA

Aprazada a proba do campionato galego de automobilismo de Vilaño

Enviar por email

Por causa das condicións climáticas desfavorables. Disputarase, previsiblemente, durante o mes de xullo. A outra proba xa ten data confirmada: 30 de xuño...

A proba do Campionato Galego de Automobilismo que o Motor Club Vilaño tiña previsto organizar nesta fin de semana no circuíto da Areosa foi aprazada por causa das condicións climáticas desfavorables que se agardan para os próximos días.

A entidade organizadora e a Federación Galega de Automobilismo fixarán nos próximos días outra data para a celebración do evento, que previsiblemente podería ser no mes de xullo.

O Motor Club Vilaño organiza cada ano dúas probas valederas para o Campionato Galego de Automobilismo nas categorías -1600 centímetros cúbicos (cc.cc.), + 1600 cc.cc.,
Kart Cross e 4X4. A outra xa ten data confirmada: o sábado día 30 de xuño.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS