As actividades desenvólvense desde a semana pasada até mediados de maio...
A Concellalía de Cultura de Carral celebra o Día do Libro durante todo o mes cun programa de actos que se desenvolve na Biblioteca Infantil e na Biblioteca Muncipal da Casa da Cultura. Así, hoxe pola mañá e o venres a Biblioteca Infantil de Carral recibe a visita dos os nenos de educación infantil das unitarias de Tabeaio, Herves e do colexio Víctor Velasco e Vicente Otero están a participar nunha sesión de contacontos da Compañía do Trinke Trinke coa función Letras Ovos e Galiñas coa ratiña Lupiña e os contos, Sal del cascarón, pollito , O Galo Kiriko e El huevo más bonito del mundo. O luns asistiron a estas sesión de contacontos os alumnos da escola infantil A Galiña Azul.
O venres na Biblioteca Pública Municipal, na casa da Cultura, ás 17:00 horas haberá un obradoiro no que se confeccionarán divertidos marca páxinas cos monitores de Eduvía e a xornada rematará cunha merenda para todos. Tamén haberá unha sesión de cine coa proxección da película Cisne Negro, será a partir das 20:00 horas na sala de audiovisuais da Casa da Cultura.