Contos de lobo, de Ghazafelhos. Na Casa da Cultura da Laracha a partir das 18.00. Dirixido ao público familiar e entrada libre e gratuíta...
A Concellería de Ensino e Cultura, baixo da dirección da edil Patricia Bello, organiza a obra de teatro que se interpretará o próximo venres na Casa da Cultura da Laracha a partir das 18.00 horas.
Trátase do espectáculo titulado Contos de lobo, de Ghazafelhos, dirixido ao público familiar e con entrada libre e gratuíta.
Os protagonistas da función son dous persoaxes totalmente atípicos que contarán contos e historias nos que interveñen lobos dun xeito moi peculiar.
Esta proposta cultural e educativa é realizada en conmemoración de abril como “Mes do Libro” e ten por finalidade potenciar e fomentar a lectura especialmente entre os nenos.
O Concello da Laracha xa realiza durante todo o ano unha extensa programación dirixida a promover a lectura que se desenvolve na aula lúdica municipal e inclúe diversas actividades e sesións semanais de contacontos. Este programa foi galardoado en varias ocasións co premio María Moliner que concede o Ministerio de Cultura.