Da compañía Ghazafelhos. Dirixida ao público familiar. Este venres no centro sociocultural de Paiosaco a partir das 21.00 horas. A entrada é libre e gratuíta...
Nana para un soldado, de Teatro dos Ghazafelhos, é o título da segunda función do ciclo “Vente a ver teatro” de Paiosaco, un programa cultural e de ocio que está organizado polo Concello da Laracha.
A compañía ferrolterrana presenta esta comedia, dirixida ao público familiar (preferentemente maiores de seis anos de idade) que conta a historia dun momento da guerra e na que os protagonistas son Aurora, unha muller que espera un bebé, e os dous soldados que coinciden fronte á súa casa.
Nos seus sesenta minutos de duración, a actuación presentará o máis duro e o máis fermoso da guerra desde un punto de vista divertido e poético.
O elenco de actores está formado por Pepablo Patinho –que tamén e guionista e director-, Montse Piñón e Jorge Casas.
A actuación será o venres no auditorio do centro sociocultural de Paiosaco a partir das 21.00 horas. A entrada é libre e gratuíta.
O ciclo “Vente a ver teatro” pecharase o próximo venres coa terceira e última obra, que será a comedia Ladrón e familia de Teatro do Astracán.