O vindeiro venres 20 de abril, a Asociación de Veciños/as Campo da Feira organiza unha charla sobre a Reforma Laboral do PP...
Dende a a Asociación de Veciñas/os Campo da Feira de Paiosaco consideramos este acto moi importante, xa que esta non é unha reforma laboral, é un golpe de estado contra os dereitos conquistados polas traballadoras e traballadores durante moitos anos e que tamén afecta á pequena empresa, polo que é necesario que todas as persoas estean ben informadas do que se nos ven enriba.
A charla terá lugar no Local Social (Avda. Bergantiños, 48 – Paiosaco) o vindeiro venres 20 de Abril ás 20:30 horas e falará Paulo Carril (Secretario Comarcal da CIG)