A través do programa falaRedes desenvolvido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O 1 de maio terá lugar o espectáculo O señor das dunas. Galego de cine será a proposta do 29 de xuño...
O Concello da Laracha organizará nos meses de maio e xuño actividades, dirixidas especialmente aos nenos, que se marcan como obxectivo fomentar e potenciar o emprego da lingua galega.
A integración do Concello da Laracha na Rede de Dinamización Lingüística posibilita agora poder acoller estas propostas culturais e educativas que pon en marcha a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia no marco do programa fala Redes.
As actividades de dinamización lingüística que están confirmadas e programadas na Laracha son, a día de hoxe, o espectáculo O señor das dunas e o proxecto Galego de cine.
O señor das dunas é un espectáculo teatral dirixido ao público familiar no que se combina a animación e a oralidade. Terá lugar o 1 de maio pola tarde na Casa da Cultura da Laracha.
Galego de cine é un proxecto dirixido a nenos de entre 6 e 12 anos de idade. O visionado de contidos audiovisuais producidos en Galicia e en galego completarase con actividades de comprensión dos filmes que impulsen aos nenos a expresarse oralmente en galego. Neste caso a actividade está programada para a tarde do día 29 de xuño.