Viernes, 17 febrero 2012

O Concello realiza unha campaña informativa sobre a xestión da biomasa vexetal

Enviar por email

A Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais estipula a obrigatoriedade de acometer as actuacións oportunas antes do 31 de marzo. A Xunta de Galicia pode impoñer sancións aos propietarios dos terreos que infrinxan a normativa. O Concello está distribuíndo bandos informativas nas trece parroquias...

O Concello da Laracha comezou a desenvolver unha campaña informativa para lembrar a todos os propietarios de terreos que se atopan nas zonas de influencia forestal e que se atopen nos supostos que especifica a Lei 2/2007, do 20 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a obrigatoriedade de xestionar a biomasa vexetal antes do 31 de marzo.

Ditos supostos son que o terreo se atope a menos de catrocentos metros do monte e a unha distancia inferior aos cen metros arredor de calquera núcleo de poboación, edificación (que teña licenza municipal con anterioridade á entrada en vigor desta lei, e sempre que se acredite a data de inicio da construción con anterioridade ás repoboacións forestais que as circunden) urbanización, depósito de lixo, instalacións recreativas, obras, parques e instalacións industriais.

O incumprimento da obriga da xestión da biomasa e a realización de repoboacións forestais sen gardar as distancias mínimas están tipificadas como infraccións en materia de incendios forestais e, por tanto, están suxeitas a sancións por parte da Xunta de Galicia.

Desde o Concello da Laracha estase realizando a distribución de bandos nas trece parroquias do termo municipal para informar sobre esta cuestión á veciñanza en xeral.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS