Afectando no subministro ao casco urbano da Laracha e ás parroquias de Vilaño e Cabovilaño. A empresa xestora procedeu inmediatamente a efectuar o baleirado do depósito da Ganduma e a limpeza das infraestruturas. O servizo restableceuse na mañá do xove...
Unha incidencia no abastecemento de auga, rexistrada en torno ás 22.30 horas do pasado mércores e debida posiblemente a un vertido de puríns, afectou a calidade da mesma e provocou o necesario e imprescindible corte no subministro por parte da empresa xestora –Aquagest- para proceder ao baleirado do depósito da Ganduma e á limpeza e purga das infraestruturas afectadas, labores que se prolongaron durante toda a pasada noite e parte da mañá de onte xoves.
O depósito da Ganduma abastece ao casco urbano da Laracha e ás parroquias de Vilaño e de Cabovilaño, as áreas que se viron afectadas pola incidencia.
Unha vez efectuadas as oportunas labores por parte da empresa xestora, o servizo restableceuse en torno ás 10.00 horas de onte.