Miércoles, 15 febrero 2012

O Pleno tratará a próxima semana a adhesión da Laracha ao plan de transporte metropolitano

Enviar por email

O goberno local tamén proporá modificar ordenanzas fiscais para reducir nun 95% o ICIO no ámbito do parque empresarial, bonificar no IBI ás familias numerosas e establecer unha taxa para os caixeiros automáticos...

O Pleno do Concello da Laracha convocarase celebrará a próxima semana unha reunión extraordinaria para tratar –e, se procede, aprobar- varios asuntos de especial interese a proposta do equipo de goberno municipal.

Antes de ser elevados ao Pleno, as mesmas cuestións serán expostas nas correspondentes Comisións Informativas que xa están convocadas para os próximos días.

Así, a Comisión Informativa de Réxime Interior, Persoal, Medio Ambiente, Servizos Municipais e Outros Asuntos do Pleno (presidida polo edil José Manuel Iglesias) tratará a implantación da administración electrónica e a adhesión do Concello da Laracha ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia que foi impulsado desde a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A Comisión Informativa de Asuntos Económicos, Facenda e Especial de Contas (presidida por Ramiro Bello) analizará as propostas de modificación das ordenanzas fiscais números 15 e 17 e a aprobación da nova ordenanza número 25.

A ordenanza número 15 regula o IBI. O goberno municipal plantea bonificar nun 75% neste imposto ás familias numerosas de categoría especial en un 50% ás de categoría xeral.
No caso da ordenanza número 17, proponse unha redución do 95% no ICIO en todo o ámbito do parque empresarial da Laracha. A nova ordenanza que se propón para a súa aprobación ten por finalidade establecer unha taxa ás entidades financeiras por aproveitamento especial da vía pública con caixeros automáticos acaroados aos edificios e con acceso directo desde a vía pública.

Na Comisión Informativa de Ensino, Cultura, Deportes, Turismo, Xuventude, Turismo e Festas (que preside Patricia Bello) proporase a consolidación do torneo de baloncesto anual en homenaxe a José Antonio Vega.

Por último, a Comisión Informativa de Industria, Comercio, Patrimonio, Obras e Urbanismo (presidida por Alberto Blanco) tratará a execución dos avais da obra de construción do novo edificio para uso administrativo.

O Pleno extraordinario no que se debaterán e votarán todos estes asuntos celebrarase o xoves 23 de febreiro a partir das 13.30 horas.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS