" O señor Calvelo quere voltará política urbanística ao servizo dos poderosos que ben lle ensinou oseñor Pose, permitíndose o luxo de criticar con saña á Xunta deGalicia do PP por deixación de funcións por non adaptar a Lei as súaspretensións políticas"...
Hoxe temos observamos coa boca aberta, a noticia aparecida hoxe nosmedios de comunicación que informa das iniciativas do grupo de gobernodo PP no Concello, para intentar legalizar a ampliación do Campo degolf de Larín. Ampliación feita de xeito ilegal, sen licenza e contraos informes da Xunta de Galicia que consideran este solo como deprotección agrícola e forestal.
O curioso do caso é o interés do Concelleiro de Urbanismo, nado enLarín e que casualmente é funcionario en excedencia da Axencia para alegalidade urbanística, para tratar de legalizar unha obra feitailegalmente a todas luces. Facendo un gran exercicio de"exemplaridade" para aqueles que teñan a tentación de levar a caboactuacións ilegais no noso concello, que nos está a dicir: "Vostedesactues ilegalmente que o Concello xa lles solucionará o problema".Parece mentira que un edil que traballaba na Axencia para a LegalidadeUrbanísitica e que é o encargado de salvagardar os intereses dosveciños e facer cumplir a legalidade, non teña un maior interese porlanzar unha mensaxe de que a administración local traballa e vixilapara salvagardar os intereses dos seus veciños e non só duns poucospoderosos.
¿Cal é o motivo que impulsa ao goberno do PP, e o señor Calvelo eCastro, para ter tanto interés en solucionarlles as ilegalidades aaqueles que actuaron ao marxe da Lei?, ¿Porque teñen tanto interésneste campo de Golf que ata acuden a súa inaguración coñecendo a suasituación de ilegalidade?,¿Estamos voltando a política do todo vale doseñor Pose, que fai que agora se teñan que estar legalizando polaporta de atrás, as vivendas feitas ao marxe da lei e que teñamos queestar coa espada de Damocles esperando as responsabilidadespatrimoniais que vana xurdir de actuacións urbanísticas queresultaron ilegais no seu mandato?
O pasado Xoves asistimos a aprobación por parte do PP, da chamdaordenanza de licenzas express, que criticaba cunha saña desmesurada áadministración autonómica da Xunta de Galicia, gobernada polo PartidoPopular acusándoa de deixación de funcións por non adaptar a Lei assúas esixencias para poder dar licenzas de obra menor sen ter que serinformadas polo equipo de urbanismo, cando a administración autómicanon o fixo, por crer que non se pode aplicar a Ordenanza de Servizosao urbanismo como pon no seu Considerando Noveno.