Sábado, 28 enero 2012

Nota de prensa do PSOE

Enviar por email

Intervención ordenanza alegacions...

O Grupo Socialista ten presentado con data de 17 de novembro de 2011, unhas reclamacións a ordenanza reguladora do procedemento de intervención e control na execución de obras ou exercicio de actividades ou servicios,……… nas que pedíamos que se deixase sen efecto á aprobación inicial de dita ordenanza, por considerar que non ten acomodo coa actual lei do solo de Galicia e demais leyes urbanísticas que rixen no territorio galego, esta administración, a autonómica, é a que obstenta as competencias en materia de urbanismo, así mesmo, o considerando 9 da directiva Bolkestein ou directiva de servizos, que é a directiva que se intenta utilizar para poñer en funcionamento esta ordenanza, exclue explicitamente a sua aplicación nas normas de relativas á ordenación do territorio, urbanismo e ordenación rural, esto fai, que concellos limítrofes como o concello de Culleredo só utilizen esta directiva para a creación dunha ordenanza que regule as actividades e servizos, que é a materia que intenta regular dita directiva e non utilizar esta directiva como excusa para axilizar os trámites administrativos das.

Señores do partido popular, se despois de terse adaptado as leyes estatais e autonómicas a dita directiva e neste período terse modificado a lei do suelo de Galicia, sen adaptala a esta directiva de servizos, señor Calvelo, señores do Partido Popular, non será porque os lexisladores autonómicos non consideran que sexa de aplicación para a ordenación do territorio, urbanismo e ordenación rural como dice explicitamente dita directiva europea???

Dende o Grupo Socialista imos a analizar ó informe técnico aportado polo concello, posto que o informe encargado a un bufete de abogados externo, pagado polo actual grupo de goberno do Partido Popular e que supon un gasto excesivo nunha materia onde o concello ten a sorte de contar cunha xurista experimentada con master en urbanismo e sobradamente preparada para informar do tema, é unha tomadura de pelo a tódolos cidadáns deste concello ver como se gastan máis de dous mil euros nun traballo que podían levar a cabo esta técnica municipal e que fai unha respetable abogada, que nin tan sequera se amolda o informe emitido polo concello co visto bueno da secretaria xeral señores do Partido Popular sónalles de algo o caso dunha fundación chamada noos que emitía informes inútiles para algunha administración autonómica e que agora están sendo xuzgados por malversación de fondos públicos, os cartos públicos deben de ser tratados coa maior auteridade e seriedade polos seus representantes e non son de recibo gastos innecesarios de esta cuantía.

Señores do Partido Popular, ¿este vai a ser o funcionamento do novo organigrama do Partido Popular que crea novas plazas de ténicos para logo encargar os informes a empresas privadas cunhas cuantías nada desdeñables nos tempos que corren???, señor Calvelo, cree queos partidos da oposición caimos dun guindo???, cantos informes xurídicos pagados a 2500 euros quere, informando da falla de acomodo desta ordenanza a lei actual, quere 5, quere 10, vostede pagueme do seu bolsillo e eu lle consigo os que necesite.

Respecto ao informe co que se da contestación das reclamacións que os Grupos Socialista e BNG presentamos e que emiten dende o propio concello de Arteixo, queremos facer as seguintes apreciacións, xa que é o documento mediante o cal se pretende dar aprobación a dita ordenanza:  

Dito informe xurídico sinala e leo “a directiva obligará ao estado membro destinatario en canto ao resultado que deba conquerirse, deixando, sin embargo, ás autoridades nacionais á elección do xeito e dos medios” e continúa sinalando dun xeito xenérico, xurisprudencia do tribunal de xustiza das comunidades europeas, sen chegar a reseñar nin unha soa resolución sobre os efectos directos das directivas non traspostas, que, por certo, non é o caso da directiva de servizos, que si está incorporada ao ordenamento nacional e autonómico

Nas múltiples contradicións deste informe, reseña a continuación, as trasposicións feitas pola lei 17/09 e as sucesivas reformas operadas ao seu amparo e critica cunha saña desmesurada á administración autonómica da Xunta de Galicia acusándoa de deixación de funcións, do seguinte xeito “non obstante a actual ausencia de regulación autonómica ao respecto en virtude da distribución constitucional das competencias asumidas no noso estatuto de autonomía, non pode deixar sen efecto os mandatos comunitarios en virtude do exposto e dos principios do dereito europeo de efecto directo, aplicabilidade inmediata e primacía concretados pola xurisprudencia do tribunal de xustiza da unión europea” e sigue citando xurisprudencia de xeito xenérico sin sinalar ningunha resolución.

Continua o informe  con outra contradicción  posto que sinala que o artigo 25.1 da lei de bases faculta aos municipios para a xestión dos seus intereses no ámbito das súas competencias cando no páragrafo anterior alude directamente a que a competencia é da comunidade autónoma

Depois sinala e leo que  “tal facultade, ven limitada, fundamentalmente, polo principio de xerarquia normativa e legalidade, iso é, non poderán contravir o ordenamento xurídico, nembargantes poderá pormenorizar sen contradecir as leis e os requisitos que estime oportunos, polo que se ben, a lei autonómica é a única facultada para regulamentar os límites e contidos mínimos da concesión das licenzas, declaracións responsables ou comunicacións previas, afirmación coa que estamos completamente dacordo pero volta posteriormente a liar aperdiz engadindo “… nada impide que por efecto directo do dereito comunitario e as reformas operadas pola normativa estatal de carácter básico, os municipios regulamenten mediante ordenanza municipal as materias contidas na presente ordenanza, sempre e cando respecten os procedementos establecidos para isto”
 
Sibilinamente continua sinalando que nos procedementos establecidos na ordenanza que se propón tampouco se contraven a normativa sectorial, costas, portos, auga, estradas, patrimonio, etc… olvidándose claramente da normativa sectorial sobre urbanismo dictada pola comunidade autónoma de Galicia, chamada (louga) que foi modificada no ano 2010, con bo criterio do lexislador,  que non considerou que fose afectada pola directiva de servizos, debido a exclusión específica do considerando noveno de dita directiva, citado anteriormente e polo tanto non a trocou no senso que desexa a parte política que goberna o concello de Arteixo.

Posteriormente o informe, expon a exclusión do urbanismo, ordenación do territorio e ordenación rural de dita directiva e coma nos defendemos só o pon de aplicación no sector de servizos.

Cabe destacar tamén no exame de cada unha das licenzas urbanística como discrimina unhas solicitudes de primeira ocupación con respecto a outras por motivos únicamente da data de presentación desta.

No punto que trata a autorización de inicio de obra co proxecto básico, dito procedemento tememos que poida favorecer as licenzas en carteira, licenzas prohibidas pola lei e non entendemos a non exclusión dos visados colexais, cando esta si é unha traba a eliminar segundo a directiva, excepto que sexa pola vinculación profesional dos responsables políticos do concello en materia de urbanismo, o que suporía un corporativismo mal entendido e  entendenmos que trocar o informe ténico actual para a licenza definitiva por unha declaración responsable cunha posible e arbitrárea inspección posterior non tende a salvagardar os intereses do noso concello.

Nas modificacións que as autoras califican como non sustancias, polo que entendemos que o resto, si deben de selo, nada mais e nada menos que se troca un artigo da ordenanza por non estar axustado a lei de procedemento administrativo, cando no anterior informe emitido pola secretaria accidental sinalaba que se axustaba a lei, que falar do informe baixo pago que da un visto bo a toda a ordenanza sen atopar nin sequera estas modificación non sustanciais atopadas no informe municipal.

Trócanse plazos sen establecer ningún criterio para facelo, nalgúns casos hacia maiores períodos e noutros hacia menores e unifica conceptos de primeira ocupación e primeira utilización nun só  de primeira ocupación cando no informe explicita no seu contido a diferencia entre ambas.

As modificacións introducidas na ordenanza, segundo o propio informe xurídico emitido conxuntamente pola xurista de urbanismo “interina”, que non a titular, e a secretaria accidental, que desempeña un posto de traballo de xefa de sección de secretaria ou sexa persoal non técnico, co visto bo da secretaria xeral, parece distinguir entre aclaracións e modificacións sustanciais e outras que non o son, polo que dende o Grupo Socialista, por coherencia coas autoras do informe que utiliza o Partido Popular para proceder á aprobación definitiva desta ordenanza, se existen estas modificacións sustancias no redactado deste informe, consideramos que esta ordenanza debe voltar a fase de aprobación inicial para voltar a facilitar aos cidadáns a presentación de alegacións ante unha nova ordenanza xuridida dos trocos sustanciais feitos no seu interior.

De non ser así, dende o Grupo Socialista responsabilizamos o señor alcalde e o seu grupo das posibles situacións de ilegalidade que puideran xurdir con esta ordenanza e por coherencia co noso discurso, absterémonos nesta votación, non desdeñamos a posibilidade de levar a cabo as acción xurídicas pertinentes paracoñecer a legalidade desta norma e con elo salvagardar os intereses dos nosos veciños.

¡Deje su comentario!
4 Comentarios
maría
Fecha: Miércoles, 8 febrero 2012 a las 19:59
todo o mundo parece saber moito de todo. Eu o que sei e que o que cobra 58.000 euros é o alcalde, 45.000 euros a de facenda, 38.000 o de urbanismo, que non firma nada parece ser, e despois medias dedicacións de merelas e de mebá de 25.000 euros a esto hai que sumarlle o da seguridade social. teñen dous secretarios que costan outros 50.000 euros mais a seguirdade social e un periodista que cobra 4.000 euros o mes. Vai, vaia...e canto cobran de comisións a señora fina, ana, o señor de obras e novo, que por certo gustaríame saber se traballa porque o outro día pola mañán aparecía nunha foto co señor conselleiro que digo eu que a esa hora terá que estar traballando, en varias ocasións en fotos cos medios, tamén son pola mañán, ¿non? e ahora plenos tamén polas mañáns e comisións, pois si que nos saen caros estes señores do goberno.
Sin cabreos
Fecha: Martes, 31 enero 2012 a las 09:39
Vecino Cabreado, non te cabrees oh, acordate cando Zapatero decía Paro cero, e case chegou os 5 millons de parados, tarás cabreado dende aquela ou solo te cabreas co paro de Calvelo.
vecino cabreado
Fecha: Lunes, 30 enero 2012 a las 00:47
Hola yo estuve en el ultimo pleno nocturno, y los SR concejales del PP ya podian cobrar menos exclusibidad y hacer mas puestos de trabajo , y menos PRIVATIZACION .Bueno sin contar al FRANQUISTA DEL SR CARLOS CALVELO , mucho arquitecto y de DEMOCRACIA nada
Mais comisions e mais plenos
Fecha: Sábado, 28 enero 2012 a las 11:36
O can do Hotelano, nin comen nin deixan comer, despois queixadesbos de que cobrades pouco, ainda cobrades de mais
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS