Este venres 27 ás 20:30 h despídese a programación infantil no Auditorio de Arteixo cunha obra premiada no FETEN...
Este venres 27 ás 20:30 h despídese a programación infantil no Auditorio de Arteixo cunha obra premiada no FETEN (Feira Europea de Artes escénicas para nenos e nenas) 2011 ao mellor espectáculo de títeres e obxectos, Las Hadas de la Bella Durmiente, da compañía balear, Disset Teatre.
Las Hadas de la Bella Durmiente é a reconstrución da historia da Bela Dormente dende o punto de vista das fadas 12 e 13, as mesmas que lanzaron a maldición e a suavizaron logo.
A través dos obxectos escondidos e gardados na Torre das Puntas, as fadas mostrarannos o que realmente sucedeu. Os personaxes cobrarán vida a partir das agullas, madeixas, fíos e demais cachivaches reciclados que permaneceron ocultos e esquecidos durante todo este tempo.
Agora por fin saberemos como e por que se picou a Bela Durminte. Porque xa é hora de poñer as cousas no seu sitio. É hora,ya, de escoitar A VERSIÓN DAS FADAS.
O espectáculo, que será representando en castelán, está indicado para público infantil (de 3 a 8 anos) e ten unha duración de 50 minutos. O prezo das entradas é de 2,50 € (1,90 € para estudantes e 3ª idade que o acrediten) e están á venda dende o luns 23 en horario de 9:00 a 14:00 h ou 1 h antes da función. As entradas non están numeradas.
Autor, adaptación, escenografía e vestiario: Disset Teatre Dirección: Jordi Palet, Camen Serna, Mariaje López Y Juanma
Deseño de son e iluminación: Pep Pérez
Música: Victor Cornell e Juanma Palacios
Os seguidores da música e da danza tradicional estades de sorte xa que actuará a Compañía de Quique Peón co seu novo espectáculo (recén estrenado no Teatro Rosalía da Coruña) Alén da Croa, unha historia baseada en diferentes relatos referidos ás lendas das Mouras, unha interpretación dunha parcela do noso imaxinario popular, da nosa cultura no eido da tradición oral e levada ao escenario, por primeira vez, a través da danza.
Alén da Croa é unha obra de mediano formato con sete bailaríns-personaxes en escena, na que se mesturan distintas linguaxes de danza: a tradicional galega, a oriental-tribal e a contemporánea. Así mesmo utilízanse outras artes escénicas como o teatro ou a música todo envolto nun marco netamente contemporáneo e traído aos nosos días, facendo desta obra algo novidoso e único dentro do abano dos espectáculos de danza en Galicia.
Ademais, entre as colaboracións que figuran neste espectáculo, destaca a da arteixana Romina Trigo.
A obra está indicada para público adulto e ten unha duración de 1h 20 minutos. O prezo das entradas é de 5,00 € (3,75 € para estudantes e 3ª idade que o acrediten) e pódense mercar dende o luns 30 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:00 h ou 1 h antes da función.
Autor/Dirección/Escenografía/Vestiario: Henrique Peón Mosteiro Deseño de son: Henrique Peón e Pedro Lamas
Deseño de iluminación: Santiago Mañasco
Coreografía: Henrique Peón Mosteiro, Ruth de la Huerga
Elenco artístico: Henrique Peón Mosteiro, Ruth de la Huerga, Ruth González-Miró, Romina Trigo, Miguel Sotelo, Fran Sieira, Lucía Veiga