Jueves, 26 enero 2012

Hernández avanza que a venta de parcelas no parque empresarial de Morás se iniciará no primeiro trimestre de 2012

Enviar por email

Agustín Hernández reitera que o parque empresarial estará rematado no último trimestre de 2012. Xa están executados o 65% das obras de instalación de servizos. En relación á rotonda de Sabón, nestes momentos estase a traballar nos trámites para poder asinar un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial, o Concello e a Consellería...

[Img #14865]O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunciou onte pola mañá que a venda de parcelas do parque empresarial de Morás, en Arteixo, comezará a principios de 2012, non máis alá do primeiro trimestre. Así llo trasladou onte pola mañá o conselleiro ao alcalde de Arteixo, José Calvo Calvelo, co que mantivo un encontro de traballo para abordar as cuestións do departamento que dirixe relativas a este concello.


Tamén lle avanzou que o remate da obra está prevista para o último trimestre de 2012 e que na actualidade xa están finalizadas as tarefas de desbroce, o retranqueo do gasoduto e os movementos de terras. A día de hoxe estase a executar a instalación de servizos, que se atopan ao 65%.


Esta infraestrutura industrial contará con máis de 1.480.000 metros cadrados, dos que a súa maior parte, un millón de metros cadrados, destinaranse a superficie industrial e os restantes resérvanse para zonas verdes e de aparcamento. A Xunta inviste máis de 75 millóns de euros na execución deste proxecto.


[swf object]Rotonda de Sabón
Outro dos temas abordados na reunión foi a construción da glorieta a dous niveis de Sabón. Hernández concretou que nestes momentos estase a traballar nos trámites para poder asinar un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial, o Concello e a Consellería. Dito acordo asinarase no primeiro semestre deste ano para, posteriormente, licitar as obras.


O titular de Infraestruturas mantén os prazos para a execución desta infraestrutura a dous niveis, que conta cun investimento de máis de 10,6 millóns de euros.


O obxectivo desta obra consiste en solucionar á conxestión de vehículos nas estradas que dan acceso á zona industrial de Arteixo. Un dos cambios máis significativos desta infraestrutura de organización do tráfico é que pasa de tres a dous niveis.


Así, proxéctase a reordenación do tráfico mediante a execución dunha glorieta a nivel superior (sobre a actual) á que estarán conectadas as estradas AC-551, a DP-0394 e a AC-552 do lado de Vilarrodís (dirección A Coruña), mediante ramais de acceso. A glorieta elevada terá 28 metros de radio e estará encaixada dentro da zona axardinada da glorieta existente.


O proxecto tamén recolle o desdobramento da estada AC-551, que pasará a ter dous carrís por sentido. Ademais, co fin de reducir o tráfico dentro da glorieta actual, proxectaranse carrís de acceso directo para os vehículos que realicen o movemento desde a AC-551 cara á AC-552 (sentido á Coruña) e para os vehículos procedentes de Arteixo (AC-552) que desexen incorporarse á AC-551. Na imaxe pódese consultar o trazado.


Esta modificación, ademais das vantaxes de prazo, económicas e de menor afección, achega unha solución á saturación de tráfico, flexibilidade nos traxectos de orixe- destino, e evita unha afección de nivel freático na infraestrutura.


A nova glorieta permitirá soportar o gran volume de tráfico diario que entra e sae do polígono ou que provén das estradas A Coruña- Cee (AC-552), a estrada A Coruña- Sabón (AC-415) ou da vía que une o Polígono de Sabón coa e autoestrada A Coruña- Carballo (AC-551).

¡Deje su comentario!
4 Comentarios
M.Rios
Fecha: Miércoles, 1 febrero 2012 a las 23:46
Tampoco se podía esperar menos de estos cantamañanas del pp,era visto,son unos chaqueteros y unos vendidos,y el alcalde un titere,que se vaya de una vez,no vale para nada salvo para cobrar los 6.000 euros a fin de mes,es una vergüenza que Arteixo esté gobernado por una panda de ineptos sin arte ni oficio que viven de la chupa de la política,no han creado un solo puesto de trabajo,son unos impresentables,que se vayan de una vez.
ntonio
Fecha: Viernes, 27 enero 2012 a las 11:42
Que por Loureda non vai a pasar nada de nada, deixade de meter cizaña de una vez, non vai a pasar nada por Loureda. A ver si vos dades por enterados, aqui non ides lebar votos ninguns.
maría
Fecha: Viernes, 27 enero 2012 a las 02:55
moitas visitas e nin un duro. mirade que cara de contentos ríndose de nós con salarios millonarios xa poden.
A.Barrientos
Fecha: Jueves, 26 enero 2012 a las 14:48
Parece que les vuelven a meter el vial a los de Loureda,otra vez les han vuelto a tomar el pelo,puede que se lo merezcan por haberlos votado.
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS