Jueves, 26 enero 2012

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores, Motos e Quads visita hoxe a Laracha

Enviar por email

Situarase na explanada do IES Agra de Leborís. Realizaranse inspeccións técnicas de ciclomotores de dúas rodas e máis de tres anos de antigüidade e de motos e quads de máis de catro anos...

Hoxe xoves a unidade móbil da inspección técnica de ciclomotores, motos e quads estará situada na rúa Manuel Murguía da Laracha, concretamente na explanada xunto ao IES Agra de Leborís e a biblioteca municipal.

Esta unidade móbil realizará inspeccións técnicas de ciclomotores de dúas rodas e máis de tres anos de antigüidade e tamén de motos e quads de máis de catro anos.

Non é preciso reservar cita previa. O horario de atención ao público da estación móbil será de 9.00 a 13.30 horas pola mañá e de 15.30 a 18.00 horas pola tarde.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS