Martín Seco (voceiro do PSDG-PSOE de Arteixo) : “o partido popular do señor calvelo, ten sometido ao concello de arteixo á maior regresión democrática da historia recente”...
No día de onte, voltamos a vivir o ataque indiscriminado que o Partido Popular de Arteixo, lle infrinxe a democracia e as súas institucións municipais. Despois de sufrir as múltiples actuacións do PP contra a democracia, coa entrada nas dependencias municipais da oposición sen permiso, instalando cristais nas portas que impedían a sua privacidade no traballo, o peche das portas do Concello polas tardes impedindo o acceso para os representantes políticos da oposición aos seus despachos, a eliminación de case que tódalas comisións informativas, os impedimentos para a fiscalización dos informes e expedientes do Concello, agora temos que sufrir como os membros do goberno do Partido Popular, co señor Calvelo ao fronte, trocan o horario de celebración dos plenos das oito da tarde ás nove da mañá, imposibilitando a asistencia de moitos dos nosos conveciños, que a esas horas da mañá, non poden acudir por motivos laborais ou familiares. Por fin o señor Calvelo, cumple as amenazas aos veciños de Arteixo que discrepaban das suas formas durante a celebración das sesións plenarias e que lle escoitaron decir que esta problemática ía a rematar. Semella que xa non se acorda de cando era Secretario da Asociación de Veciños de Meicende e acudía aos plenos municipais a discrepar co goberno de Pilar Souto.
A todo isto, esta medida ven acompañada por unha gran rebaixa do presuposto do departamento de participación cidadá, a maior de tódolos departamentos neste presuposto, que ademais ven acompañada pola falla de convocatoria do Consello Veciñal previo á celebración do Pleno de Presupostos, onde os grupos e as asociacións veciñais debaten sobre as propostas presentadas por estas últimas. Semella que os gobernantes do PP, só se sentan a negociar e a escoitar a aquelas asociacións que son sumisas ao ordeno e mando do señor Calvelo.
Temémonos, que a última medida contra a democracia e a participación política e veciñal, será o peche definitivo de Radio Arteixo, que xa manteñen en precario, cunha emisión só no núcleo de Arteixo e cunha programación mermada unilateralemente, onde os representantes políticos non poden ser preguntados polos cidadáns sobre o seu traballo no Concello. Ante estos rumores fundados, o Partido Socialista entregou en rexistro o xoves 19 de Xaneiro de 2012, unha moción para ser incluida na orde do día do Pleno deste mes. Era a terceira vez que o facíamos, posto que as duas anteriores foi imposibilitado o seu debate, cando o PP someteu á urxencia a sua inclusion e votando en contra desta. Nesta ocasión a moción non foi incluida na orde do día do Pleno, cando as Comisións Informativas lle foron convocadas o día 20 de Xaneiro a tódolos seus membros con data do 19 de Xaneiro, seguramente voltaremos a ver como denegan a súa urxencia, sen motivación algunha para facelo. Pero o Grupo Socialista voltará a presentala no seguinte pleno se intentan voltar a coartar o debate desta cuestión.
Martín Seco García na súa condición de voceiro do Grupo Municial Socialista no Concello de Arteixo, comparece e como mellor en dereito proceda DI:
Que o abeiro do disposto nos artigos 97 da Lei 5/1997, do 22 de Xullo, Lei de Administración Local de Galicia, 91,4 e 97 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de Novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 46.2 da Lei 11/1999, do 21 de Abril, Lei de modificación da Lei Reguladora de Bases do Réxime Local e outras medidas, presenta á consideración do Pleno da Corporación Municipal a seguinte:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
No regulamento de funcionamento de Radio Arteixo, podemos ler no segundo punto do Artigo 1 de Principios Xerais o seguinte texto:
Dende o mes de Septembro de 2011, o Grupo Municipal Socialista ven presentando iniciativas neste órgano, para conquerir un posicionamento claro do Grupo de Goberno do Partido Popular e o noso Alcalde, Carlos Calvelo, sobre o futuro da Radio Municipal do noso Concello, que está a ser pouco respaldada polos actuais dirixentes locais, que a deixaron case que sen contidos e cunha programación menor do imprescindible para un medio público coma éste, ademais nin tan sequera se ten convocado ao Consello de Radio Arteixo para tomar decisións sobre a sua programación e sobre a problemática da falla de emisión no repetidor sancionado polo Ministerio e a continuación coas iniciativas do anterior goberno municipal para a súa adaptación á lei, cando este Consello foi requerido en múltiples ocasións polos partidos da oposición en diferentes foros oficiais deste Concello.
Faise inexcusable que tódolos grupos políticos de Arteixo, tomemos posición, e digamos o que desexamos que suceda coa nosa Radio Municipal no futuro e se o noso interés é o mantemento deste ben público, que traballemos codo con codo para conquerir solucionar os problemas de emisión que ten este medio e que non deberían de ser coartada para evitar o debate entre as diferentes sensibilidades políticas do noso Concello.
Dende o ano 2007, sendo todavía alcalde o señor Pose Miñones do PP, estableceuse no Consello de Administración de Radio Arteixo un mecanismo de participación política de tódolos grupos presentes na corporación polo que se lles asignaba un tempo de 20 minutos semanais para falar dos temas de actualidade do noso Concello, anteriormente xa estaba contemplada a participación destes grupos aínda que ese tempo era de 30 minutos mensuais para tódolos grupos políticos de dita corporación.
No mes de Abril do 2011, o Consello de Administración de Radio Arteixo toma a decisión de suspender os espazos poíticos durante a Campaña Electoral, sendo contemplado literalmente na acta de dito Consello do seguinte xeito:
“Acorda: 1.- Suprimir, entre o 5 de Maio (comezo da campaña electoral ) e ata a composición da nova corporación, os programas de intervención semanal dos grupos políticos municipal”.
Dende fai xa bastantes datas a nova corporación está constituida e sospeitosamente seguimos sen poder escoltar aos nosos representantes na radio municipal. Por outro lado a chegada dunha orde de incoación de expediente sancionador dictada pola Sª Estado de Telecomuniciacións pola instalación e funcionamento dun radioenlace para o transporte de programas de radio difusión sen autorización administrativa, acóllese por parte do goberno local sen que semelle que busque os mecanismos posibles de solución deste problema, máis que o simple apagado de dito transmisor e sen que ninguén saiba nada dos trámites que o anterior goberno municipal fixera para solucionar esta cuestión e que parecen que non son
continuados por os actuais dirixentes.
Para aqueles que cremos na democracia e no establecemento de tódolos cauces posibles de participación cidadá e dos grupos políticos na vida do Concello, consideramos imprescindible contar cunha radio municipal, que dé participación a tódolos grupos polítcos e a tódolos cidadáns de Arteixo e dende a chegada do novo goberno local do señor Calvelo, a Radio Municipal segue sen reanudar os seus espazos semanais de participación dos grupos municipais e todo semella que esta inactividade agrada os nosos dirixentes do Partido Popular que non convocan o Consello de Radio Arteixo, nin dan orden de voltar a dita programación, polo que semella que teñen medo do debate político e de ter unha radio que ceda a palabra aos veciños e aos seus representantes.
Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a adopción do seguinte: