Martes, 24 enero 2012
CARRAL

Nota de prensa del PSOE

Enviar por email

O PSdeG-PSOE de Carral denuncia a falla de calefacción na escola infantil e a tardanza na reparación de desperfectos no CPI Vicente Otero Valcárcel...

A agrupación socialista de Carral denuncia a pasividade do goberno de José Luís Fernández Mouriño ante os desperfectos existentes en varios edificios do concello. Un exemplo da despreocupación do goberno local é o feito de que na gardería “Galiña Azul” os nenos, menores de tres anos, teñen que permanecer co abrigo posto xa que levan unha semana sen calefacción. Durante este tempo o Concello non foi quen de solucionar o problema.

E é que a simple colocación dun cristal nunha das aulas do CPI Vicente Otero Valcárcel supuxo unha espera de máis de seis meses. Os alumnos tiveron que soportar, ata a semana pasada, as baixas temperaturas invernais mentres asistían ás clases. Iso sí, o goberno local segue sen arranxar fiestras do colexio Víctor Velasco e do Centro de Saúde, que tamén están sen cristais. No PSdeG-PSOE de Carral preguntámonos se estas situacións se deben á simple inoperancia ou a unha pésima xestión económica do Concello.

Estes feitos denotan unha falla de responsabilidade e unha incompetencia graves por parte do goberno do Sr. Fernández Mouriño que mantén instalacións básicas, como son a gardería, o colexio e o centro sanitario, en condicións precarias. Dende a agrupación socialista de Carral pedimos que se resolva a situación inmediatamente e invita ao alcalde de Carral a abordar políticas de carácter social e a traballar polo benestar dos seus veciños e veciñas.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS