O Burgo acollerá o Punto de Información sobre Consumo (PIC). O programa de actividades contempla asuntos coma a banca ética, o aforro de enerxía ou as compras por internet...
O Concello de Culleredo aposta por proporcionar un servizo de calidade ao cidadán en materia de Consumo. Como administración máis achegada ao veciño, o goberno local ve fundamental articular unha estratexia que proporcione a información e orientación que necesitan os consumidores.
Con este prisma, o Concello crea o primeiro plan municipal de Consumo de Culleredo. A concelleira de Sanidade, Igualdade e Consumo, Rocío Sampedro, precisa que os obxectivos deste plan consiste en “propiciar instrumentos á cidadanía cullerdense para o exercicio dun consumo responsable e a defensa dos seus dereitos como consumidores”.
O plan pretende ofrecer o apoio que demandan os veciños para que poidan exercer os seus dereitos de forma axeitada. “Os cidadáns deben saber que organismos son os encargados da recollida, rexistro e acuse de recibo de queixas e reclamacións que fagan”, apunta a edila. Sampedro non se olvida do consumo responsable. O plan tratará de capacitar nesta práctica aos cullerdenses. Asemade, apoiarña o asociacionismo no ámbito do consumo, dando cumprimento o artigo 51 da Constitución.
O Plan Municipal de Consumo estrutúrase nun Punto de Información, como sede xeral para atender todas as cuestións dos consumidores, e en accións concretas e definidas ao longo do ano. O Punto Municipal de Información sobre Consumo (PIC) establecerase na Casa Rosa do Burgo. Presencialmente terá un día a semana de periodicidade de apertura, mentras que as consultas serán atendidas tamén por correo electrónico (consumo@culleredo.org) e por teléfono (981 654 570). A páxina web www.omicculleredo.org ofrece de forma continuada información xeral sobre consumo.
O PIC trátase dunha oficina de información e orientación básica aos consumidores de Culleredo, que ten como obxectivo resolver as dúbidas que presente á cidadanía en canto a defensa dos seus dereitos, así como informar de cantos asuntos sexan de interese en materia de consumo.
No tocante ao programa de accións concretas, o Concello establece actividades durante todo o ano, que abordan asuntos de “máximo interese” para os cidadáns, coma as compras por internet, a resolución de conflitos, a cociña, a enerxía, etc. Neste plan colaboran diversas asociacións competentes na materia. Programa:
Actividade 1.- Programa en Radio Culleredo:
“No consumo: + responsables”, espazo de carácter mensual adicado a tratar temas de interese en materia de consumo.
Actividade 2.- Obradoiros
“Cociña e consumo responsable”: un por cuatrimestre: Febreiro/Xuño/Outubro
Organiza: Concello de Culleredo.
Colabora: Asociación Galega de Horticultura Urbana-Zocamiñoca
Dirixida a: toda a poboación
Actividade 3.- Charlas e xornadas divulgativas:
Xaneiro: “Prevención e seguridade cidadá nas persoas maiores”.
Organiza: asociación de mulleres Rosalía de Castro, colabora: Concello de Culleredo.
Dirixida a: toda a poboación
Febreiro: “A banca ética: a iniciativa Fiare”.
Dirixida a: asociacións sen fin de lucro e empresarios/as de Culleredo
Marzo: Xornada “O consumidor”
Organiza: Concello de Culleredo. Colabora: ACCOETICOR
Dirixida a: toda a poboación
Contidos a abordar:
Abril: Xornada “Consumidor, coñece os teus dereitos. Os produtos e servizos”
Organiza: Concello de Culleredo. Colabora: ACCOETICOR
Dirixida a: toda a poboación
Contidos a abordar:
Maio: “O consumo e o comercio”
Organiza: Concello de Culleredo. Colabora: ACCOETICOR
Dirixida a: toda a poboación
Contidos a abordar:
Xuño: “O consumidor, garantías e seguridade”
Organiza: Concello de Culleredo. Colabora: ACCOETICOR
Dirixida a: toda a poboación
Contidos a abordar:
Setembro: “A agricultura ecolóxica e o consumo responsable”
Outubro: “Consumo e novas tecnoloxías”
Novembro: “O aforro de enerxía”
Organiza: Concello de Culleredo. Colabora: ACCOETICOR
Dirixida a: toda a poboación
Contidos a abordar:
Decembro: “Nadal e consumo responsable”
Organiza: Concello de Culleredo. Colabora: ACCOETICOR
Dirixida a: toda a poboación
Contidos a abordar: